Didier Ilunga-Mbenga
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 30 de decembro de 1980 (43 anos) Kinshasa, República Democrática do Congo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 213 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 121 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2001 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Bélxica República Democrática do Congo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2011 | Campionato europeo de baloncesto de 2011 |
Didier Ilunga Mbenga, máis coñecido como D.J. Mbenga, nado en Kinshasa o 30 de decembro de 1980, é un ex-xogador de baloncesto con nacionalidade congolés-belga.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezos
[editar | editar a fonte]Mbenga viviu en Congo (daquela chamado Zaire) até os dezasete anos, xa que o seu pai era perseguido por traballar cos líderes do réxime anterior do país e posteriormente morreu en circunstancias descoñecidas. Durante a guerra entre os Tutsis e os Hutus, Mbenga foi acusado falsamente de ser un tutsi e foi condenado prisión e mesmo execución. En 1999, tras nove meses de malos tratos no cárcere, Mbenga conseguiu escapar despois de que o seu irmán subornase a un dos gardas. Temendo polas súas vidas, Mbenga e a súa nai deixaron o país o máis pronto posible. Marcharon a Bélxica, onde lles deron asilo político e máis tarde nacionalizaríase belga.
Unha vez en Bélxica, Mbenga permaneceu na cidade de Kapellen, sendo descuberto nas rúas pola lenda do baloncesto belga Willy Steveniers. Impresionado polo seu aspecto físico, ofreceuse a ensinarlle a xogar ao baloncesto. Co tempo, Steveniers converteuse no seu mentor e nun segundo pai para Mbenga. Tras varios anos xogando en ligas belgas, o soño do xogador fíxose realidade ao fichar en 2004 por Dallas Mavericks da NBA.
Profesional
[editar | editar a fonte]Mbenga non xogou ao baloncesto até os dezanove anos de idade. Na súa primeira tempada na NBA, xogou bastante pouco, cunha media de 1 punto e 0,5 rebotes en 15 partidos cos Mavericks. Na seguinte campaña incrementou o número de partidos até 43, pero os minutos en pista non aumentou en demasía. Mbenga mostrou en varias ocasións o seu potencial defensivo, en especial nos momentos finais do partido, pero ofensivamente é moi limitado. Con todo, era un dos favoritos da afección dos Mavs, até o punto de que a súa camiseta comezou a ser vendida con moito éxito.
Tras a temporada 2005−06, Mbenga converteuse en axente libre restrinxido, renovando cos Mavericks por tres tempadas e preto de dous millóns de dólares ao ano. En 2007, xa comezada a tempada, asinou por Golden State Warriors,[1] equipo que o despediu o 6 de xaneiro de 2008.[2] Ao pouco tempo, asinou con Los Angeles Lakers, cos que conseguiu o anel de campión en 2009 e 2010. Para a seguinte temporada asinou un contrato cos New Orleans Hornets.
Curisidadres
[editar | editar a fonte]- Fala cinco linguas: Lingala, Tshiluba, francés, portugués e inglés.
- É amigo do pivote de Houston Rockets Dikembe Mutombo, tamén do Congo.
- Nas súas tres tempadas na liga belga tivo unha media de 6,3 puntos e 4,1 rebotes por partido.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "November 2007 Transactions". Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2012. Consultado o 27 de marzo de 2010.
- ↑ Warriors Waive DJ Mbenga
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1980
- Nados en Kinshasa
- Pivotes de baloncesto
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto de Bélxica
- Xogadores de baloncesto da República Democrática do Congo
- Xogadores do Spirou Charleroi
- Xogadores dos Dallas Mavericks
- Xogadores dos Golden State Warriors
- Xogadores dos Los Angeles Lakers
- Xogadores dos New Orleans Hornets