Dibámidos
Dibámidos Dibamidae | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Anelytropsis papillosus | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||||||||||
|
A dos es dibámidos (Dibamidae) é unha familia de réptiles escamosos da suborde dos lacertilios a única incluída na infraorde dos dibamios.[1]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]Infraorde
[editar | editar a fonte]A infraorde foi descita en 1968 polo zoólogo francés, especialista en anatomía comparada, Jean-Pierre Gasc,[2] como suborde dos escamosos,[3] en: Gasc, J-P. (1968): '"Contribution à l'ostéologie et à la myologie de Dibamus novaeguineae Gray (Sauria, Reptilia). Discussion systématique". Annales des sciences naturelles. Zoologie et biologie animale, vol. 10, pp. 127-150.
Familia
[editar | editar a fonte]A única familia da actual suborde fora descrita en 1884 polo biólogo belga, nacionalizado británico George Albert Boulenger,[4][5] en Boulenger, C. A. (1884): "Synopsis of the families of existing Lacertilia". Annals and magazine of natural history, ser. 5, vol. 14, pp. 117-122. (texto completo)
Xéneros
[editar | editar a fonte]A familia comprende unicamente os dous xéneros seguintes:[4][5][6]
- Anelytropsis Cope, 1885 (monotípico)
- Dibamus Duméril & Bibron, 1839 (23 especies)
Etimoloxías
[editar | editar a fonte]Os nomes científicos da infraorde, e da familia, están contruídos sobre a base da raíz do seu xénero tipo Dibamus, tirado do grego antigo διβάμος dibámos, "de dúas patas",[7] coa adición dos sufixos do latín científico -ia, incicando plural, e -idae, propio dos nomes das familias de animais, respectivamente.
Características
[editar | editar a fonte]Os dibámidos caracterízanse polo seu corpo delgado, cilíndrico, alongado e por unha aparente falta de extremidades.[8] A femias carecen completamente de extremidades, e os machos presentan só as extremidades posteriores, moi pequenas e con forma de aleta, que utilizan para agarraren a súa parella durante o apareamento.[8][9]
O seu cranio está rixgidamente fusionado, carecen de dentes pterigoides e de oído externo. Os seus ollos están moi reducidos e cubertos por unha escama.[9]
Bioloxía e ecoloxía
[editar | editar a fonte]Os dibámidos habitan en México, o sueste asiático, nas illas Filipinas e no oeste de Nova Guinea.[10] Son pequenos lagartos insectívoros, de corpo longo e delgado, adaptados para escavaren no solo.[10] Polo xeral, poñen un só ovo, cunha casca dura e calcificada, en lugar das cascas coriáceas típicas de moitos outros grupos de réptiles.[9][11]
Filoxenia
[editar | editar a fonte]Recentes análises filoxenéticas sitúan aos dibámidos como un clado irmán de todos os outros lagartos e das serpes. [12]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Monotypic taxon: Suborder Dibamia Gasc, 1968 en The Zoonomen.
- ↑ Jean-Pierre Gasc na web do Museo Nacional de Historia Natural de Francia.
- ↑ Dibamia Gasc, 1968 en The Zoonomen.
- ↑ 4,0 4,1 Family Dibamidae Boulenger, 1884 en The Taxonomicon.
- ↑ 5,0 5,1 Dibamidae Boulenger, 1884 no ITIS.
- ↑ "The Reptile Database". reptile-database.reptarium.cz. Consultado o 5 de novembro de 2019.
- ↑ Dibamus en: Jaeger, Edmund C. (1944): Source-book of biological names and terms. Springfield: Charles C. Thomas, p. 71.
- ↑ 8,0 8,1 Vitt, Laurie J.; Caldwell, Janalee P. (2014). Herpetology: an introductory biology of amphibians and reptiles (4th ed.). Amsterdam. ISBN 978-0-1238-6919-7. OCLC 839312807.
- ↑ 9,0 9,1 9,2 Greer, Allen E. (1985). "The Relationships of the Lizard Genera Anelytropsis and Dibamus". Journal of Herpetology 19 (1): 116–156. ISSN 0022-1511. JSTOR 1564427. doi:10.2307/1564427.
- ↑ 10,0 10,1 Pough, F. Harvey (18-11-2015). Herpetology (Fourth ed.). Sunderland, Massachusetts, USA. ISBN 978-1-6053-5233-6. OCLC 908397943.
- ↑ Cogger, Harold G.; Zweifel, Richard George, eds. (1998). Encyclopedia of Reptiles & Amphibians (2nd ed.). San Diego, California. ISBN 0-1217-8560-2. OCLC 39559811.
- ↑ Tonini, João Filipe Riva; Beard, Karen H.; Ferreira, Rodrigo Barbosa; Jetz, Walter; Pyron, R. Alexander (01-12-2016). "Fully-sampled phylogenies of squamates reveal evolutionary patterns in threat status". Biological Conservation. Advancing reptile conservation: Addressing knowledge gaps and mitigating key drivers of extinction risk 204: 23–31. ISSN 0006-3207. doi:10.1016/j.biocon.2016.03.039.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Dibámidos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Cope, E. D. (1885): "A contribution to the herpetology of Mexico". Proceedings of the American philosophical Society, 22: 379–404. BHL
- Greer, A. E. (1985): "The relationships of the lizard genera Anelytropsis and Dibamus". Journal of herpetology, 19 (1): 116–156. Resume
- Townsend, T. M.; Larson, A.; Louis, E. & Macey, J. R. (2004): "Molecular phylogenetics of Squamata: the position of snakes, amphisbaenians, and dibamids, and the root of the squamate tree". Systematic biology, 53 (5): 735–757. doi 10.1080/10635150490522340 Amplo resume.
- Townsend, T. M.; Leavitt, D. H. & Reeder, T. W.(26 de xaneiro de 2011): "Intercontinental dispersal by a microendemic burrowing reptile (Dibamidae)". Proceedings of the Royal Society (B) Amplísimo resume.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Dibamidae na ADW.
- Dibamid Lizards. Dibamidae na EOL.