Deuteronomio
O Deuteronomio (do grego τὸ Δευτερονόμιον / tò Deuteronomion, "a segunda lei"; hebreo: דְּבָרִים, Devarim, "estas son as palabras") é un dos libros da Biblia.
O seu título significa segunda Lei. Recolle, basicamente, as leis polas que se rexe o pobo de Israel. Nas Biblias cristiás, atópase antes dos Libros históricos, o primeiro dos cales é o de Xosué.
Contido
[editar | editar a fonte]Comeza cunha sección narrativa onde relata parte dos acontecementos que seguiron á Alianza do Sinaí.
Esta narración serve de prólogo á sección central e con diferenza a máis grande, onde se recollen as leis de Israel. Son presentadas como concreción da Alianza e rexen con bastante detalles practicamente tódolos aspectos da vida, tanto pública como privada.
Remata con outra seción narrativa onde relata a fin do éxodo polo deserto e a morte de Moisés no monte Nebo, xa á vista da Terra Prometida, pero sen que Deus lle permita entrar nela.
Autor
[editar | editar a fonte]Das catro fontes autoras do Pentateuco, o Deuteronomio é obra exclusiva da deuteronomista.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Libro anterior: Números |
Deuteronomio (Pentateuco) |
Libro seguinte: Xosué |