Saltar ao contido

Departamento de Interior da Generalitat de Cataluña

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miquel Sàmper, actual conseller d'Interior.

O Departamento de Interior (en catalán: Departament d'Interior) é un dos departamentos nos que se organiza a actual administración da Generalitat de Cataluña, encargado de exercer as atribucións nos seguintes ámbitos:

  • As funcións relacionadas coa seguridade cidadá
  • O tráfico
  • As emerxencias e a protección civil
  • A prevención, extinción de incendios e salvamento
  • Os espectáculos públicos e actividades recreativas
  • Calquera outra que dispoñan as leis e outras disposicións

Durante as lexislaturas I a V (1980-1999) da Generalitat contemporánea, estas competencias estaban adscritas ao Departamento de Gobernación.

Dependen do departamento o Insituto de Seguridade Pública de Cataluña, o Centro de Atención e Xestión de Chamadas de Urxencia 112 e o Servizo Catalán de Tráfico.

A súa sede principal atópase no Palau del Marquès de Santa Isabel, no Passeig de Sant Joan de Barcelona.

Composición

[editar | editar a fonte]

O máximo representante do Departamento de Interior é o conseller d'Interior (conselleiro de Interior). Baixo a dirección do conseller, o Departamento estrutúrase nos seguintes órganos:

  • A Secretaría Xeral
  • A Dirección Xeral de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamentos
  • A Dirección Xeral da Policía
  • A Dirección Xeral de Protección Civil
  • A Dirección Xeral de Administración de Seguridade

Lista de consellers d'Interior

[editar | editar a fonte]
Lexislatura Nome da consellería Titular Inicio Fin Partido
VI Interior Xavier Pomés i Abella 29 de novembro de 1999 4 de novembro de 2002 CDC
VI Xustiza e Interior Núria de Gispert i Català 4 de novembro de 2002 17 de decembro de 2003 UDC
VII Interior Montserrat Tura i Camafreita 17 de decembro de 2003 29 de decembro de 2006 PSC
VIII Interior, Relacións institucionais e Participación Joan Saura i Laporta 29 de novembro de 2006 29 de decembro de 2010 ICV-EUiA
IX Interior Felip Puig i Godes 29 de decembro de 2010 27 de decembro de 2012 CDC
X Interior Ramon Espadaler i Parcerisas 27 de decembro de 2012 22 de xuño de 2015 UDC
X Interior Jordi Jané i Guasch 22 de xuño de 2015 14 de xaneiro de 2016 CDC
XI Interior Jordi Jané i Guasch 14 de xaneiro de 2016 no cargo Junts pel Sí

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]