Saltar ao contido

Demetrio de Falero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDemetrio de Falero

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(grc) Δημήτριος ο Φαληρεύς Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento350 a. C. Editar o valor en Wikidata
Falero (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte283 a. C. Editar o valor en Wikidata (66/67 anos)
Exipto Editar o valor en Wikidata
Director da Biblioteca de Alexandría
Zenódoto de Éfeso → Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFilosofía Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítico, filósofo, bibliotecario Editar o valor en Wikidata
Período de tempoPeríodo helenístico Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsHimeraeus Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteMeyers Konversations-Lexikon, 4ª edición (1885–1890)
Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft
Real'nyj slovar' klassicheskih drevnostej po Ljubkeru Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1141622

Demetrio de Falero (Δημήτριος ὁ Φαληρεύς), nado en Atenas no -350 e finado en -282, foi un político e filósofo ateniense pertencente á escola peripatética.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

O seu pai, Fanostrato, foi escravo de Timoteo e de Conón, así que non era de orixe nobre. Nacido no porto de Falero, educouse no Liceo de Aristóteles con Teofrasto e foi amigo de Menandro, o comediógrafo[1]. Por mor da morte de Foción, tivo que ausentarse de Atenas ata que as cousas acougaron. Gobernou Atenas durante o período (-317 a -307), ata que o expulsaron cando en -307 a escuadra de Demetrio Poliorcetes tomou Atenas, refuxiándose primeiro en Tebas[2] e despois á beira de Casandro de Macedonia, para ao fin terminar en Exipto, na corte de Ptolomeo I, quen o designou como primeiro bibliotecario da Biblioteca de Alexandría (ca. --297), que tiña dúas sedes: unha no Museion e a outra no Serapeo. Atribúese a Demetrio Falereo o aconsellar a Ptolomeo I a tradución da Biblia hebrea ao grego, a denominada tradución do Setenta ou Septuaginta. Volve caer en desgraza co rei Ptolomeo II e morreu no exilio despois do -283, como consecuencia da picadura dunha serpe.

Creou unha biblioteconomía baseada na mestura de dúas tradicións bibliotecarias: a occidental (baseada na organización e as tarefas) e a oriental (baseada nos aspectos formais).

A tradición bibliotecaria occidental recolle os atributos das bibliotecas da Academia de Platón e, sobre todo, o Liceo de Aristóteles. O aristotelismo postulaba como eixo fundamental das bibliotecas a súa conversión na «memoria do mundo»; é dicir, a misión do sabio-bibliotecario residía en reunir todos os libros (naquela época rolos) que abarcasen a totalidade do saber humano. Para iso, destináronse fortes sumas de diñeiro para adquirir o maior número de obras. Tamén se lexislou por decreto real que todos os barcos que atracasen en Alexandría tiñan que entregar todos os libros que levasen a bordo para que fosen copiados na biblioteca e, unha vez finalizada a tarefa, devolvíanse aos seus donos os duplicados.

Aristóteles estableceu que as bibliotecas tamén tiñan que ser «laboratorios editoriais» ou «de texto», é dicir, os bibliotecarios tiñan que establecer os autores que eran dignos de ser estudados e, por tanto, as súas obras debían ser reproducidas unha vez reelaboradas filoloxicamente.

O aristotelismo tamén achegou a organización por orde alfabética, refugando a orde cronolóxica, dividíndose así a idea de que unha biblioteca e un arquivo fosen a mesma institución.[cita [Cómpre referencia]

A tradición bibliotecaria oriental que Demetrio adquiriu en Exipto baséase en aspectos formais fundamentais como o colofón. As obras, ao comporse de varios rolos, gardábanse dentro de caixas ou cestos de vimbia que á súa vez se colocaban en andeis encostados á parede ou en nichos. De cada caixa, colgaba unha tableta de arxila a modo de etiqueta (chamada colofón) onde se escribía o título da obra, unha breve descrición formal do documento que recollía o número de tabletas ou rolos que ocupaban e unha rudimentaria signatura. As bibliotecas orientais (Ebla por exemplo) xa posuían uns catálogos rudimentarios co fin de inventariar as coleccións e ordenalas segundo unha metodoloxía moi básica.

Froito destas dúas biblioteconomías, xurdirían as listas de materias-catálogos que se cristalizarían nos Pinakes, obra doutro bibliotecario de Alexandría: Calímaco de Cirene.

  1. Estrabón, 9.1.20
  2. Plutarco, Demetrius 9; Diodoro Sículo, xx. 45

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Demetrio / Longino. Sobre el estilo / Sobre lo sublime. Intr., trad. y n. de J. García López. Rev.: Carlos García Gual. Editorial Gredos. Madrid. ISBN 978-84-249-3519-1. 
  • Garrido Arilla, María Rosa. Teoría e historia de la catalogación de documentos. Síntesis. Madrid. 
  • Riaño Alonso, Juan José. Poetas, filósofos, gramáticos y bibliotecario: origen y naturaleza de la antigua biblioteca de Alejandría. Xixón: TREA. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]