Deccan
Tipo | Meseta | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
División administrativa | India | ||||
| |||||
Comparte fronteira con | Ghats occidentais, oeste Gates Orientais (pt) , leste Satpura Range (en) , norte | ||||
Características | |||||
Altitude | 600 m | ||||
Superficie | 1.000.000 km² | ||||
A meseta do Deccan é unha gran meseta que se estende pola maior parte do territorio centro-sur do subcontinente indio. Esténdese de leste a oeste polos estados indios de Madhya Pradesh, Chhattisgarh, Maharastra, Andhra Pradesh e Karnataka.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A súa altitude oscila entre os 79 e 750 msnm. Ocupa unha superficie duns 800 000 km², ten forma de triángulo invertido e os seus límites defínenos os seguintes accidentes xeográficos:
- ao oeste, a cordilleira dos Ghats occidentais;
- ao leste, a cordilleira dos Ghats orientais;
- ao norte, o río Narmada (que forma co Tapti a separación entre o norte e o sur da India). Salientan tamén os contrafortes montañosos dos Satpuras e os Vindhyas que conforman a base do triángulo invertido.
- Ao sur, os outeiros e montes de Nilgiri e Palni, que son unha extensión dos Ghats occidentais.
Toponimia
[editar | editar a fonte]O nome Deccan é unha forma anglicanizada da palabra dakkhin en prácrito, que á súa vez provén da palabra dakia en sánscrito, que quere dicir sur.
Estrutura xeolóxica
[editar | editar a fonte]O Deccan é unha meseta de rocas cristalinas interrompida por horsts que se levantan no seu interior (montes Vindhya) ou nos seus bordos (Ghats occidentais e orientais).
Enormes coadas de roca basáltica rica en titanio, magnesio e ferro (ver trapps do Deccan).
Capas de lava que alcanzan extensións de 10 000 km², un volume superior aos 10 000 km³ e un espesor de 2400 m, vestixios dunha fortísima actividade volcánica a finais do Cretáceo superior (68-64 millóns de anos). De aí dedúcese que a idade da meseta é duns 70 millóns de anos.
Formación
[editar | editar a fonte]Debido a erupcións fisurais, orixínanse ao longo dunha fisura ou dislocación da cortiza terrestre. As lavas son fluídas e percorren grandes extensións formando amplas mesetas, cun quilómetro ou máis de espesor e miles de quilómetros cadrados de superficie. Os restos dos fluxos, coñecidos como traps do Deccan, cobren aínda preto de 500 000 km².
En Rajahmundry, a uns 1000 km do centro dos traps do Deccan, obsérvanse algúns sedimentos mariños que conteñen microorganismos fósiles entre o fluxo das lavass deses enormes traps. Este fluxo provocou unha enorme liberación de CO2 á atmosfera que puido ser unha das causas da extinción dos dinosauros.
A formación das illas Seychelles remóntase a máis de 200 millóns de anos cando ese terreo se desprendeu do bordo occidental da India, nas proximidades da meseta, separándose da plataforma continental.[1]
Clima
[editar | editar a fonte]Comprende dúas zonas climáticas ben distintas de exterior a interior. Por unha banda, existe un clima tropical húmido no bordo da meseta, o anel exterior. Isto é debido á abundancia de precipitacións nas ladeiras dos montes Ghats tanto orientais como occidentais. Pola contra a zona interior da meseta é semiárida debido a que as borrascas e en definitiva todas as masas de aire húmido (a maioría de orixe monzónica), descargan o seu contido nos cordais que a delimitan. Prodúcese entón o denominado efecto Föhn. As precipitacións medias sitúanse ao redor dos 500-1000 mm.
As temperaturas, aínda que hai unha excepción con valores máis suaves no bordo exterior, son suaves no inverno e tórridas a finais da primavera e principios de verán, con valores que poden superar facilmente os 40 °C e mesmo rozar os 50 °C.
Hidroloxía
[editar | editar a fonte]Crúzana o río Godavari, principal río do sur da India, e o Krishna, ambos polo nordés. Existen outros ríos menores que nacen na propia meseta.
Flora
[editar | editar a fonte]A vexetación da meseta do Deccan é menos exuberante que a das áreas máis húmidas do subcontinente indio, aínda que hai bosques de especies moi apreciadas pola súa madeira, como a teca e o sándalo. As ladeiras baixas dos Ghats occidentais están recubertas dunha densa xungla baixo influencia monzónica. Pódense atopar agrupacións máis ou menos densas de bambú, palmeira e árbores caducifolios. En case toda a meseta predomina unha vexetación subtropical seca, de tipo sabana con presenza apenas de especies arbóreas pero si de moitos arbustos e matogueiras.
Fauna
[editar | editar a fonte]En canto a especies animais, as máis representativas son o elefante asiático e o xa extinto guepardo que era o máis estendido dos grandes felinos por esta zona, dada a súa predilección polas grandes extensións de sabana. Outros grandes mamíferos son o rinoceronte da India, o Melursus ursinus, o chacal, o dole, o gaur, o búfalo salvaxe, o xabaril e varias especies de simios, antílopes e cervos.
Distintas especies de serpes venenosas como a naia, a daboia e as serpes de auga salgada ou non venenosas como as pitóns. Entre os réptiles tamén cómpre destacar os crocodilos e gaviais. As aves máis importantes son o papagaio, o pavón, a garza e o martiño peixeiro.
A India caracterízase por ter un clima quente, o que lle dá a oportunidade ás selvas, chairas, outeiros e montañas de ser de ser hábitat dos felinos. Tendo en conta que o tigre é unha especie que esta en perigo de extinción, faise o esforzo nacional e internacionalmente; para o que existen reservas como Ranthambore e Rājasthān, que incrementan a poboación debido á seguridade e resgardo da especie.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Deccan |
A Galipedia ten un portal sobre: India |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Eaton, Richard M. (2005). A Social History of the Deccan, 1300–1761. Cambridge University Press. ISBN 9780521254847.
- Alam, Shah Manzoor (2011). "The Historic Deccan - A Geographical Appraisal". En Kalpana Markandey; Geeta Reddy Anant. Urban Growth Theories and Settlement Systems of India. Concept. ISBN 978-81-8069-739-5.