Death (Discworld)
A Morte (en inglés orixinal Death) é un personaxe masculino ficticio na serie Discworld de Terry Pratchett e é unha parodia das personificacións da morte. É un esqueleto con túnica negra que xeralmente leva unha gadaña.
A súa voz é oca, e está representada nos libros coa peculiaridade de sempre aparecer en letras maiúsculas; xa que el é un esqueleto e non ten cordas vocais para falar, polo que as palabras entran directamente na cabeza sen a axuda dos oídos. A súa voz, a miúdo, é descrita como soando a bloques de cemento sendo fretados un contra outro. Nas novelas de The Colour of Magic e Eric, todas as referencias á Morte son escritas en nomes propios; por exemplo "el" é escrito "El". Isto xeralmente está reservado para os deuses de Discworld, aínda que non volve a pasar noutras novelas nas que aparece o personaxe este.
A Morte non é invisible; porén, os cerebros da maioría da xente rexeitan recoñecer quen é, a non ser que ela insista. En circunstancias normais, só aqueles que posúen unha disposición máxica (por exemplo: as Bruxas e os Magos), nenos e gatos poden velo, ou permitirse velo. Debido a súa natureza eterna, a Morte non pode facer caso de cousas tales como paredes ou conxuros; existe durante todo o tempo, e polo tanto as cousas que só duran séculos non son tan verdadeiras como ela é. Só pode ir a onde a xente cre que hai morte e só pode ver a xente que pode morrer.