DC-X
DC-X / DC-XA / Delta Clipper | |
---|---|
Función | Experimental |
país de orixe | Estados Unidos |
Tamaño | |
altura | 11,89 m (DC-X), 12,60 (DC-XA)[1][2] |
diámetro | 3,05 m (DC-X), 4,95 m (DC-XA)[1][2] |
Etapas | 1[1][2] |
Lanzamento históricos | |
Estado | Retirado[1][2] |
Sitios | Zona de mísiles de White Sands[1][2] |
Total de lanzamentos | 12[1] |
exitosos | 11[1] |
fallos | 1[1] |
Voo inaugural | 18 de agosto de 1993[1] |
Último voo | 31 de xullo de 1996[1] |
Primeira etapa – DC-X / DC-XA | |
masa cheo | 16.320 kg (DC-X), 19.000 kg (DC-XA)[1][2] |
impulsado por | 4 RL-10A-5[1][2] |
potencia máxima | 242,0 kN[1][2] |
propelente | Osíxeno líquido e hidróxeno líquido[1][2] |
[ editar datos en Wikidata ] |
DC-X e a súa evolución, DC-XA (DC por Delta Clipper e X por experimental) foi un foguete experimental dos Estados Unidos probado entre 1993 e 1996.[1][1][3]
Características
[editar | editar a fonte]O DC-X foi o resultado dun programa da oficina da Iniciativa de Defensa Espacial na busca dun foguete que puidera acceder ao espazo usando unha soa etapa. O vehículo foi proposto por McDonnell-Douglas, gañando o concurso de propostas lanzado pola organización gobernamental. O DC-X era a versión a escala 1/3 dun hipotético prototipo (o DC-Y) que sería capaz de chegar a órbita e que nunca chegaría a ser construído. O propósito do foguete era probar varios conceptos relacionados co uso dunha única etapa e demostrar a súa viabilidade, para o cal se fixeron probas na zona de mísiles de White Sands. Os voos de proba levaron ao vehículo a alturas progresivamente maiores ata chegar aos 5500 m. Durante o oitavo voo o casco do foguete rachou ao aterrar bruscamente. O foguete foi reparado e mellorado, dando lugar ao DC-XA, que foi usado pola NASA no programa de vehículos reutilizables ata que no seu cuarto voo o foguete resultou practicamente destruído, poñéndose fin ao programa.[1][2][3]
A forma do DC-X era cónica, de 4,1 m de diámetro na base e case 12 m de altura e unha masa en baleiro de 9100 kg. O DC-XA era lixeiramente máis grande e menos pesado, con mellores prestacións.[1][2][3]
Historial de lanzamentos
[editar | editar a fonte]Voo[1][3] | Data[1][3] | Rampla de lanzamento[1][3] | Carga[1][3] | Resultado[1][3] | Notas |
---|---|---|---|---|---|
1 | 18 de agosto de 1993 | White Sands | Voo de proba | Éxito | Primeiro voo dun DC-X |
2 | 11 de setembro de 1993 | White Sands | Voo de proba | Éxito | |
3 | 30 de setembro de 1993 | White Sands | Voo de proba | Éxito | |
4 | 20 de xuño de 1994 | White Sands | Voo de proba | Éxito | |
5 | 27 de xuño de 1994 | White Sands | Voo de proba | Éxito | |
6 | 27 de xuño de 1994 | White Sands | Voo de proba | Abortado | Voo abortado durante unha vez no aire debido a unha explosión de hidróxeno. |
7 | 16 de maio de 1995 | White Sands | Voo de proba | Éxito | |
8 | 7 de xullo de 1995 | White Sands | Voo de proba | Éxito | O casco do foguete rachou nunha aterraxe brusca. |
9 | 19 de maio de 1996 | White Sands | Voo de proba | Éxito | Primeiro voo dun DC-XA. |
10 | 7 de xuño de 1996 | White Sands | Voo de proba | Éxito | |
11 | 9 de xuño de 1996 | White Sands | Voo de proba | Éxito | |
12 | 31 de xullo de 1996 | White Sands | Voo de proba | Fallo | Unha das patas do foguete non se extendeu, provocando a caída durante a aterraxe e subsecuente explosión. Último voo do DC-XA. |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 Mark Wade (2019). "DC-X" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2019.
- ↑ 2,00 2,01 2,02 2,03 2,04 2,05 2,06 2,07 2,08 2,09 2,10 Mark Wade (2019). "DC-XA" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2019.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 Gunter Dirk Krebs (2019). Gunter's Space Page, ed. "DC-X / DC-XA" (en inglés). Consultado o 10 de setembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: DC-X |