Cupcake
Un cupcake[1][2], tamén coñecido no Reino Unido coma fairy cake, é un pasteliño plano individual, cunha base de biscoito. Salientan pola súa decoración por riba, de distintas cores e enfeites, na que se usan cremas, nata, merengue, azucre, figuriñas de goma ou labras de chocolate. Este alimento xurdiu no século XIX nos Estados Unidos de América, antes da aparición dos muffins. É diferente da madalena que sobe en redondo mentres que o cupcake sobe en plano. Existen tamén variantes salgadas.
Descrición
[editar | editar a fonte]Normalmente cociñarse nun molde semellante ao que se emprega para facer madalenas. Antes de existiren os moldes especiais para facer madalenas adoitábanse facer en pequenas cuncas cerámicas, de onde lle viría o nome: de cup (cunca), e cake, (pastel). Tamén existe outra explicación da orixe do nome, derivado da unidade de medida dos ingredientes utilizados: unha cunca de fariña, unha cunca de azucre, unha cunca de manteiga,[3] o que é menos probábel, xa que as medidas en cups ou cuncas (unidade de volume) (236,6 ml) son habituais nos libro de cociña americanos.
- Cupcakes en Galicia
De orixe angloamericana, non son tradicionais, mais aos poucos fóronse introducíndose e adaptándose ao gusto local, sendo hoxe en día máis ca unha moda en toda Galicia. Véndense en pastelarías e tendas especializadas[4].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ O termo cupcake de orixe anglosaxoa non é recollido aínda polo dicionario da Real Academia Galega.
- ↑ O termo cupcake recollido nun artigo do Portal das Palabras da RAG.
- ↑ Cupcakes:Arte para comer na páxina web Arte y cultura
- ↑ Artigo en La Voz de Galicia sobre a moda dos cupcakes en Galicia
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cupcake |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Joan Tubau & Laura Rusiñol, Cupcakes a la catalana: 50 receptes amb ingredients i motius de casa nostra, Barcelona, La Magrana, 2013, 144 páxinas, ISBN 978-84-8264-656-5
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Receitas de cupcakes na páxina web de Eroski (en castelán).
- Lucas Arraut, «La dictadura del Cupcake (en castelán), El País.
- Nova sobre o financiamento dun filme galego coa elaboración de cupcakes en Viveiro en La Voz de Galicia.