Culex pipiens
Culex pipiens | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Culex pipiens' Linnaeus, 1758 |
Culex pipiens é unha especie de mosquito chuchador de sangue da familia Culicidae. É un Vector epidemiolóxico dalgunhas doenzas, como a encefalite xaponesa, a meninxite e a urticaria. Nos Estados Unidos, tamén pode transmitir o Virus do Nilo Occidental.
Distribución
[editar | editar a fonte]É común nos seguintes países: Alemaña, Arxentina, Austria, Bosnia e Hercegovina, Bulgaria, Canadá, Chipre, República Checa, Exipto, Francia, Grecia, Hungría, Irán, Irlanda, Israel, Italia, Xapón, Xordania, Corea do Sur, Letonia, Líbano, Lituania, Luxemburgo, Marrocos, Paquistán, Polonia, Portugal, Romanía, Rusia, Arabia Saudita, Eslovaquia, España, Suecia, Taxiquistán, Tunisia, Turquía, Reino Unido, Serbia, Estados Unidos, Uruguai, Países Baixos e Montenegro.[1][2][3]
Descrición
[editar | editar a fonte]O tamaño do seu corpo varía dende os tres ós sete milímetros. As femias aliméntanse do sangue de paxaros e humanos, e os machos do pole, néctar e o zume das plantas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Genus Culex Systematic Catalog of Culicidae
- ↑ Photos Culex pipiens TaxonConcept Knowledge Base University of Wisconsin
- ↑ Kim, Heung Chul; Wilkerson, Richard C.; Pecor, James E.; Lee, Won Ja; Lee, John S.; O'Guinn, Monica L.; Klein, Terry A. (2005-3). "New Records and Reference Collection of Mosquitoes (Diptera: Culicidae) on Jeju Island, Republic of Korea". Entomological Research (en inglés) 35 (1): 55–66. ISSN 1738-2297. doi:10.1111/j.1748-5967.2005.tb00137.x. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 21 de marzo de 2019.