Saltar ao contido

Crisolaminarina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Crisolaminarina
Identificadores
Número CAS 9013-94-9
Propiedades
Fórmula molecular variable
Masa molecular variable
Punto de fusión 273 °C[1]
Solubilidade en auga Soluble

Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa.

A crisolaminarina (tamén chamada leucosina) é un polisacárido formado por unidades de glicosa (un glucano), que se encontra en algas heterocontas. É un polímero liñal con enlaces β(1→3) e β(1→6), os cales están na proporción 11:1.[1] Crese que a crisolaminarina é un dos biopolímeros máis comúns na Terra.

A crisolaminarina é un polisacárido de almacenamento enerxético típico das heterocontas fotosintéticas. Membros do fitoplancto, como as diatomeas utilízano como carbohidrato alimenticio de reserva (similar ao uso da laminarina que fan as algas pardas).

A crisolaminarina almacénase dentro das células destes organismos disolta en auga e encapsulada en vacúolos cuxo índice de refracción aumenta co contido en crisolaminarina. Ademais, as algas heterocontas utilizan aceites como composto de almaceneamento enerxético (e para controlar a flotabilidade), polo que non dependen só da crisolaminarina.[2]

  1. 1,0 1,1 Beattie; Hirst, EL; Percival, E; et al. (1961). "Studies on the metabolism of the Chrysophyceae. Comparative structural investigations on leucosin (chrysolaminarin) separated from diatoms and laminarin from the brown algae". Biochem J. 79 (3): 531–537. PMC 1205682. PMID 13688276. 
  2. Pulz, Otto & Gross, Wolfgang (2004-11). "Valuable products from biotechnology of microalgae". Applied Microbiology and Biotechnology (en inglés) 65 (6): 635–648. ISSN 0175-7598. doi:10.1007/s00253-004-1647-x. (require subscrición (?)).