Saltar ao contido

CosmoCaixa Barcelona

CosmoCaixa Barcelona
Vista do centro
Coordenadas
PaísCataluña
CidadeBarcelona
TipoCentro de divulgación
AdministradorFundación "La Caixa"
DirectorLluís Noguera
Construción1904-1909 (edificio original)
1979-1980 (reforma como Museo de Ciencias de Barcelona)
1999-2004 (reforma centro)
Inauguración25 de setembro de 2004
Superficie30 000 m²
Visitantes830 282 (2011)
Na rede
http://www.cosmocaixa.com
Facebook: CosmoCaixa Twitter: cosmocaixa BNE: XX4574818 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

CosmoCaixa Barcelona é un museo de ciencias pertencente á Obra Social de "la Caixa" que se atopa en Barcelona. Foi inaugurado no ano 2004 trala expansión do seu predecesor, o Museo de Ciencias de Barcelona, inaugurado en 1981.

La Caixa era propietaria doutro museo homólogo en Alcobendas (Madrid), chamado CosmoCaixa Madrid. Este museo pechou as súas portas o 31 de decembro de 2013.

En 2006, o Foro Europeo de Museos outorgoulle o Premio do museo europeo do ano, galardón que recoñece cada ano ós novos museos que realizaron achegas e innovacións no eido museístico. O museo galardoado é sede durante un ano da estatua de Henry Moore The Egg, que simboliza o premio. Xunto co Museo Guggenheim de Bilbao (2000), o Museo Arqueolóxico Provincial de Alacant (2004) e o Museo de Medina Azahara (2012), son os catro únicos museos de España que recibiron o premio.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]