Argyrosomus regius, tamén chamado polo moi ambiguo nome de corvina, é un peixe teleósteo pertencente á familia dos esciénidos (Sciaenidae). Caracterizado polas súas dúas aletas dorsais moi próximas. Fociño redondeado. Carnívoros e solitarios, peláxicos ou litorais demersais, cun rango de 15 a 300 m de profundidade. O seu hábitat inclúe o océano Atlántico e, cunha distribución escasa no mar Mediterráneo.
É de cores prateadas. A súa lonxitude alcanza de 4 a 5 dm até os 2 m, e pesa de 10 a 40 kg.
O corpo é oblongo, prateado, con mestura de escuros. A cabeza manchada de amarelo. Os dentes cónicos, robustos cos inferiores obtusos. O opérculo superior dentado na súa marxe externa: o inferior termina nunha punta espiñosa. A cola enteira, e as aletas das galadas puntiagudas.