Corticosterona
Corticosterona | |
---|---|
(11β)-11,21-dihidroxipregn-4-eno-3,20-diona | |
Identificadores | |
Número CAS | 50-22-6 |
PubChem | 5753 |
ChemSpider | 5550 |
UNII | W980KJ009P |
DrugBank | DB04652 |
MeSH | Corticosterone |
ChEBI | CHEBI:16827 |
ChEMBL | CHEMBL110739 |
Ligando IUPHAR | 2869 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C21H30O4 |
Masa molar | 346,46 g mol−1 |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
A corticosterona [1][2] (CORT) ou 17-desoxicortisol [3] é unha hormona esteroide de 21 carbonos do grupo dos corticosteroides producida no córtex adrenal.
Funcións
[editar | editar a fonte]En moitas especies, incluíndo anfibios, réptiles, roedores e aves, a corticosterona é un glicocorticoide principal,[4] que intervén na regulación da enerxía, reaccións inmunitarias e nas respostas ao estrés.
Porén, nos humanos, a corticosterona ten unha feble actividade hormonal, e a súa importancia débese fundamentalmente a que é un intermediario na vía esteroidoxénica que vai da pregnenolona á aldosterona, e que é a seguinte:
Nos humanos prodúcese corticosterona principalmente na zona zona fasciculada do córtex das glándulas adrenais. A corticosterona é convertida en aldosterona polo encima aldosterona sintase, que se encontra só nas mitocondrias das células da zona glomerulosa, que é a capa máis superficial do córtex adrenal.
Produción e liberación
[editar | editar a fonte]Un exemplo de vía de liberación desta hormona nos animais, concretamente nos anfibios da especie Taricha granulosa, é a exposición á luz ultravioleta B da súa pel; este estímulo parece desencadear neles a xeración interna de corticosterona.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ChemSpider Corticostrone
- ↑ CHEBI Corticosterone
- ↑ PubChem compound Corticosterone
- ↑ "e.hormone | The Hormones : Corticoids". Consultado o 2009-04-09.
- ↑ C. Michael Hogan (2008) Rough-skinned Newt (Taricha granulosa), Globaltwitcher, ed. Nicklas Stromberg [1] Arquivado 27 de maio de 2009 en Wayback Machine.