Corpse Party
Corpse Party (コープスパーティー Kōpusu Pātī?) é unha serie de videoxogos de supervivencia e terror creados por Makoto Kedōin[1][2] e desenvolvidos por Team GrisGris.[3] O primeiro xogo da serie foi desenvolvido usando o software RPG Maker e foi estreado en 1996 para o PC-9801. Tivo dúas continuacións: Corpse Party: Blood Covered, que foi lanzado para Microsoft Windows o 8 de marzo de 2008; e Corpse Party: Blood Covered ...Repeated Fear, que foi lanzado para PlayStation Portable o 12 de agosto de 2010, e iOS o 9 de febreiro de 2012. O xogo foi lanzado en Norte América e Europa por Xseed Games baixo o título Corpse Party.[4]
O xogo de PSP tivo a súa secuela, Corpse Party: Book of Shadows, que foi estreada para PSP o 1 de setembro de 2011 no Xapón, e o 15 de xaneiro de 2013 en Norte América.[5] Un xogo spin-off, Corpse Party the Anthology: Sachiko no Ren’ai Yūki Hysteric Birthday 2U (コープスパーティー -THE ANTHOLOGY- サチコの恋愛遊戯♥Hysteric Birthday 2U?, literalmente "Corpse Party the Anthology: Sachiko's Game of Love Hysteric Birthday 2U"), foi lanzado para PSP no Xapón o 2 de agosto de 2012.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 06 de xullo de 2014. Consultado o 11 de xullo de 2014.
- ↑ https://ja.wikipedia.org/wiki/%E7%A5%81%E7%AD%94%E9%99%A2%E6%85%8E
- ↑ Gris Gris Official Website : http://www.gris2.com/ (en xaponés)
- ↑ "XSEED Licenses Corpse Party Horror PSP Game". Anime News Network. 2 de setembro de 2011. Consultado o 3 de setembro de 2011.
- ↑ "Corpse Party: Book of Shadows 2nd N. American Trailer Posted". Anime News Network. 9 de xaneiro de 2013. Consultado o 28 de marzo de 2013.
- ↑ "Corpse Party Anthology PSP Game to Bundle Video Anime". Anime News Network. 11 de abril de 2012. Consultado o 28 de marzo de 2013.