Saltar ao contido

Cordilleira dos Balcáns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaCordilleira dos Balcáns
Imaxe
Tipocordilleira Editar o valor en Wikidata
Parte decinturón alpino Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaCordilleira dos Balcáns Editar o valor en Wikidata
Localización
ContinenteEuropa Editar o valor en Wikidata
División administrativaLovech, Bulgaria (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 42°47′03″N 24°58′35″L / 42.78421, 24.97626
CordilleiraQ11036790 Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude2.376 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións530 (lonxitude) km
Punto máis altoBotev (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  (2.376 m Editar o valor en Wikidata )
Material usadoGneis
Calcaria Editar o valor en Wikidata
Superficie11.596 km² Editar o valor en Wikidata

A Cordilleira dos Balcáns ou Montes Balcáns, en búlgaro e serbio Стара планина / Stara planina ("montaña antiga") é unha prolongación da cordilleira dos Cárpatos, da cal se está separada polo río Danubio no punto chamado Portas de Ferro, nas actuais fronteiras entre Bulgaria, Serbia e Romanía.

Xeografía e xeomorfoloxía

[editar | editar a fonte]
Vista dos Balcáns Centrais, co cadoiro de Raysko Praskalo no centro.
A reserva de Kozya Stena.
Vista panorámica do paso de Beklemeto.

Xeoloxicamente, a cordilleira dos Balcáns é unha formouse tardiamente na oroxenia alpina. Pódese dividir en dúas partes: a cadea principal dos Balcáns e os Prebalcáns do norte, que penetran lixeiramente na chaira danubiana de Bulgaria.

A cordilleira esténdese 560 km paralelamente ao baixo Danubio, desde o oeste, no Val de Timoc (Serbia), cara ao leste, a través do centro de Bulgaria, até o cabo Emine, no mar Negro, facendo un arco pouco marcado arredor da Plataforma Valáquica. Polo xeral non supera os 1000 m de altura, con poucos montes de 2000 m, culminando no Botev, de 2 376 m.

A parte occidental, ao oeste do Val do Iskar está formada por xistos e calcarias do paleozoico; a central está constituída por xistos e granito e a oriental presenta arxilas, margaa e vai baixando en chanzos até o mar Negro.

A marxe setentrional da cordilleira presenta somontanos tallados polos ríos nas súas chairas aluviais. A marxe meridional baixa de súpeto até unha depresión dividida por nunha ringleira de 11 vales (Zlatica, Kalofer, Kazanlak) e limita cunha cadea prebalcánica paralela chamada Sredna Gora ou Antibalcáns.

Os Balcáns poden divirdirse en tres seccións:

  • Balcáns Occiedentis, desde Vrshka Chuka na fronteira con Serbia até o paso de Arabakonak, cunha lonxitude total de 190 km e co pico máis alto, o Midžor, de 2 169 m.
  • Balcáns Centrais, desde Arabakonak até o paso Vratnik, cunha lonxitude de 207 km. O pico Botev (2 376 m) o máis alto da cordilleira, localízase nesta sección.
  • Balcáns Orientais, desde o paso Vratnik até o cabo Emine, que constitúe a parte máis baixa, cunha lonxitude de 160 km e o pico Balgarka (1 181 m).

A cordilleira dos Balcáns destaca pola súa flora e fauna. Hai bosques de coníferas, carballos e faias. A edelweiss, (Leontopodium alpinum), planta emblemática da vexetación europea de alta montaña, medra alí, na rexión de Koziata Stena. Algunhas das paisaxes máis chamativas están no Parque Nacional dos Balcáns Centrais con acantilados, os cadoiros máis altos da península Balcánica e unha exuberante vexetación. A maioría dos grandes mamíferos de Europa viven na zona, entre eles o oso pardo, o lobo, o xabaril, o rebezo e o cervo.

O pico Boltev, situado no Parque Nacional dos Balcáns Centrais, foi bautizado con este nome en honor de Hristo Botev, poeta búlgaro e heroe nacional que morreu na parte occidental da Stara Planina, preto de Vratsa, en 1876 nunha guerra contra o Imperio Otomán.

Tamén cerca do monte Botev encóntrase o Paso Shipka, escenario de catro batallas durante a Guerra ruso-turca de 1877–1878, que terminou co dominio turco nos Balcáns. Próximo ao paso, na vila de Shipka hai unha igrexa ortodoxa rusa, construída para conmemorar o valor dos búlgaros durante a defensa do paso.

En tempos antigos estas montañas foron coñecidas como o Haemus Mons. Os estudosos consideran que Haemus (en grego Haimos) deriva dun tracio *saimon,[Cómpre referencia] que significa 'cordilleira'.

Outros nomes que se utilizaron para referirse a esta cordilleira en diferentes épocas son Aemon, Haemimons, Hem, Emus, o eslavónico Matorni gori, e os turcosKodzhabalkan e Balkan.[1]

Balkan provén dunha palabra turca que significa "cadea de montañas boscosas".[2] En lugares como Turkmenistán e nas costas orientais do mar Caspio aínda se encontra este nome, como tamén na península Balcánica e na provincia de Balkan en Turkmenistán.

  1. "SummitPost - Stara Planina (Balkana) -- Climbing, Hiking & Mountaineering". www.summitpost.org. Consultado o 1/3/2012. 
  2. "Balkan". Encarta World English Dictionary. Microsoft Corporation. Arquivado dende o orixinal o 12/04/2009. Consultado o 1/3/2012. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]