Conversa:Pota
Aparencia
Untitled
[editar a fonte]Potas e voadores son nomes colectivos de moluscos cefalópodos moi semellantes. ¿Cal é a referencia que valida para o Todarodes sagittatus o nome común de pota, e para Illex coindetti o de voador? Pedro --Lameiro (conversa) 14:11, 12 de outubro de 2010 (UTC)
- Ola Pedro. A única referencia que teño eu en textos galegos de nomes para os xéneros Todarodes e Illex é a Guía dos mariscos de Galicia de Rosa Ramonell (Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-506-3), de 1985, que dá para Todarodes sagittatus o nome galego de pota, coa variante pouta e o sinónimo lura pota, que cadra ben cos nomes portugueses que ela cita, pota e *lura (por lula) pota. E para Illes condietti, que é volador en castelán e catalán, os de alura, calamar, choupa, chuvión e lura. Pola súa parte, M. C. Ríos Panisse, na súa Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia. I. Invertebrados y peces.(Santiago: Universidad de Santiago. Verba. Anejo nº 7, 1977. ISBN 84-7191-008-X), recolle para esta especie o nome de choupa en catro potos, e alura e xuibión en cadansúa localidade (para Todarodes só inclúe citas bibliográficas, que son dubidosas como ela mesmo admite no prólogo).
- Polo tanto, de querermos adxudicar un nome autóctono diferente para cada xénero, como recomendan as normas para o establecemento de nomes vulgares e vulgarizados das especies biolóxicas, unha proposta posíbel sería a de reservar pota para Todarodes sagittatus (ou pota común ou pota europea cando se fale en contextos nos que aparezan outras especies do xénero), e choupa para Illex coindetti (o choupa común ou choupa europea). Daviña. --XoioÉche o que hai 19 de xuño de 2013 ás 16:52 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)
[editar a fonte]Ola compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Pota. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20141230164932/http://www.cephbase.utmb.edu/spdb/squid.cfm á ligazón http://www.cephbase.utmb.edu/spdb/squid.cfm
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 27 de agosto de 2018 ás 05:50 (UTC)