Saltar ao contido

Consolidated B-24 Liberator

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Consolidated B-24 Liberator
B-24 Liberator
Tipobombardeiro pesado, guerra anti-submarina, patrulla marítima
FabricanteConsolidated Aircraft
Primeiro voo29 de decembro de 1939
Introducido1941
Retirado1968 (India)[1]
Principais usuariosUSAAF
Armada dos Estados Unidos
RAF
Real Forza Aérea de Australia
Unidades construídas18 188[2]
VariantesConsolidated PB4Y-2 Privateer
Consolidated C-87 Liberator Express
Consolidated Liberator I

O Consolidated B-24 Liberator foi un bombardeiro pesado estadounidense usado durante a segunda guerra mundial. Comezou a deseñarse a principios do ano 1939 para ofrecer prestacións superiores ás do B-17, e realizou o seu primeiro voo o 29 de decembro dese ano. Foi o avión estadounidense máis fabricado durante a guerra, construíndose 18 188 exemplares en total.

A súa produción en masa chegou ao seu punto máis alto a partir de 1943 coa axuda da Ford Motor Company, ao comezar a fabricarse na súa nova fábrica de Willow Run, onde chegou a fabricarse un B-24 por hora e 650 por mes en 1944. Outras fábricas seguiríanlle pouco despois. Na actualidade continua sendo o avión militar estadounidense máis fabricado.

Adoita a ser comparado co máis coñecido Boeing B-17 Flying Fortress, pero o B-24 tiña un deseño máis moderno, máis veloz, cun maior alcance, e podía cargar máis bombas; porén, era máis difícil de pilotar e tiña unhas características de voo en formación máis pobres.

Ao final da segunda guerra muncial, os avances tecnolóxicos do Boeing B-29 Superfortress e doutros tipos modernos superaran aos bombardeiros que serviron desde o inicio da guerra. O B-24 foi rapidamente retirado do servizo nos Estados Unidos, aínda que o derivado de patrulla marítima PB4Y-2 Privateer operou na guerra de Corea.

  1. "India’s Reclaimed Bombers: The B-24 Liberator – Bharat Rakshak" (en inglés). Consultado o 2024-03-18. 
  2. Munson, Kenneth, "Bombers 1939-45, Patrol and Transport Aircraft", Macmillan Publishing Company, Inc., Nova York, Blandford Press Ltd., 1969, LCCN 77-92035, p. 156