Conduto óptico
Conduto óptico | |
---|---|
1: Foramen etmoidal 2: Canalis opticus 3: Fissura orbitalis superior 4: Fosa sacci lacrimalis 5: Sulcus infraorbitalis 6: Fisura orbitalis inferior 7: Foramen infraorbital | |
Latín | canalis opticus, foramen opticum ossis sphenoidalis |
Na anatomía humana, a canle óptica ou conduto óptico[1] é un conduto de 10 mm de lonxitude situado na base do cranio polo que discorre o nervio óptico, que é o que transmite a información visual do ollo ao cerebro. Hai dúas canles ópticas, unha dereita e outra esquerda.[2]
Descrición
[editar | editar a fonte]É unha canle ósea que parte do ápice da órbita no foramen óptico e atravesa a á menor do óso esfenoides até a fosa cerebral media na base do cranio. O nervio óptico percórreo acompañado pola arteria oftálmica e as fibras do sistema nervioso simpático.
Patoloxía
[editar | editar a fonte]Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
As lesións na cabeza poden provocar unha fractura a nivel da canle óptica que ás veces dana a estrutura do nervio óptico e provoca a perda total ou parcial da visión do ollo afectado. Por outra banda, algúns tumores como o glioma do nervio óptico provocan un aumento do diámetro do buraco óptico.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Os sete ósos que se articulan para formar a órbita.
-
Óso esfenoide. Superficie superior.
-
Parede medial da órbita esquerda.
-
Disección que mostra a orixe dos músculos oculares dereitos e os nervios que entran pola fisura orbitaria superior.
-
Canle óptica
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "bUSCatermos". aplicacions.usc.es; conduto. Consultado o 2022-07-22.
- ↑ American Academy of Ophthalmology: Orbit, eyelids and lacrimal apparatus, 2013. Consultado o 23 de decembro de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Conduto óptico |
Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
----
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |