Condrite
Aparencia
A condrite é a inflamación das cartilaxes.[1] Pode darse de diversas formas: mediante osteocondrite, costocondrite etc. O tecido cartilaxinoso cumpre a función de protexer e dar estrutura a certos órganos (como a larinxe ou a traquea) ou reducen o rozamento entre as superficies articulares e amortece os traumatismos sobre estas. Noutros casos dan forma a certas estruturas, coma o nariz ou o pavillón auricular. Así, as condrites poden afectar á integridade de moitas estruturas corporais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Condrite (es) Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. Enciclopedia universal
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Condropatía
- Pericondrite, que frecuentemente afecta ao pavillón auricular.