Saltar ao contido

Condado de Cervera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Condado de Cervera
Primeiro titularXoán de Aragón
ConcesiónPedro IV de Aragón
27 de xaneiro 1353
Liñaxes
  • Actual titularLionor de Borbón

    O Condado de Cervera é un título nobiliario, que creado por primeira vez polo rei Pedro IV de Aragón, actualmente é un dos títulos vinculados tradicionalmente ao herdeiro da Coroa de España, sendo a súa titular Lionor de Borbón.

    Título creado e o 27 de xaneiro de 1353 polo rei de Aragón, Pedro o Ceremonioso, para o seu fillo e herdeiro, o infante Xoán. Este título, propio dos herdeiros ao trono da Coroa de Aragón irá sempre unido ao de Príncipe de Xirona dende 1414, compartindo as mesmas vicisitudes.

    Dende o 21 de xaneiro de 1977 os títulos do herdeiro da antiga Coroa de Aragón ostentados de feito polo príncipe Filipe de Borbón, se ben o real decreto de nomeamento (RD 54/1977, BOE do 22 de xaneiro de 1977) especifica de forma explícita o de "Príncipe de Asturias e outros títulos vinculados tradicionalmente ao sucesor da Coroa de España". En cuestión sucesoria, a Constitución española de 1978 (título II, art.º 57.2) indica: O Príncipe herdeiro, dende o seu nacemento ou dende que se produza o feito que orixine o chamamento terá a dignidade de Príncipe de Asturias e os demais títulos vinculados tradicionalmente ao sucesor da Coroa de España.

    En 1996, nunha visita oficial a Cervera, o Príncipe Filipe de Borbón asumiu o título nunha cerimonia de homenaxe popular. Dende a supresión da Coroa de Aragón a principios do século XVIII é o primeiro herdeiro real que o ostenta, se ben non fixo uso público del salvo nas ocasionais visitas a Cataluña e na cerimonia da súa voda.

    O 19 de xuño de 2014 accede ao trono tras a abdicación do seu pai Xoán Carlos I co nome de Filipe VI, polo que a súa filla, Lionor de Borbón herdou todos os títulos vinculados ao herdeiro da Coroa e que antes pertencían ao seu pai.

    Véxase tamén

    [editar | editar a fonte]