Colapso do Rana Plaza
O colapso do edificio coñecido como Rana Praza produciuse o 24 de abril de 2013 cando o bloque de oito pisos se derrubou en Savar, un distrito de Daca, capital de Bangladesh. Morreron 1134 persoas e outras 2437 resultaron feridas.[1] O edificio, que contiña fábricas de roupa, un banco e varias tendas, derrubouse durante a hora punta da mañá tras haberse ignorado as advertencias de que debía desaloxarse o edificio despois de haberse descuberto gretas o día anterior.[2][3][4]
Cronoloxía dos feitos
[editar | editar a fonte]Antecedentes
[editar | editar a fonte]O edificio, coñecido como Rana Praza, é propiedade dun dos dirixentes do partido gobernante Liga Awami, Sohel Ra[5] e aloxaba catro fábricas de roupa independentes que empregaban a unhas 5.000 persoas. Foi tamén sede dun gran número de tendas e dun banco. As fábricas producían pezas de vestir para marcas como Benetton, The Children's Place, DressBarn, Mango, Monsoon, Inditex e Primark, así como para empresas de distribución como El Corte Inglés.[6]
Aparición de gretas o día 23 e derrubamento o 24 de abril
[editar | editar a fonte]A pesar de que se pediu o desaloxo do edificio despois de descubrir gretas de envergadura o 23 de abril de 2013, os donos das fábricas esixiron a moitos traballadores da confección que volvesen traballar ao día seguinte, declarando que o edificio era seguro.[7] Algúns traballadores dixeron que as gretas eran moi graves, tan graves que a aparición das mesmas foi noticia en varias canles de noticias locais.[8] O edificio derrubouse ao redor das 09:00 a. m., deixando só a planta baixa intacta.[9] Un bombeiro dixo que no edificio podería haber ao redor de 2.000 persoas cando se produciu o colapso, un dos sobreviventes indicou que poderían ser até 5.000 traballadores. Un residente do local describiu a escena coma se fose "un terremoto".[10]
Vítimas
[editar | editar a fonte]Un dos sitios web da fábrica de roupa indica que máis da metade das vítimas foron mulleres, xunto cos seus fillos, que se atopaban nas instalacións de gardaría dentro do edificio.[11]
IndustriALL Global Union e a UNI Global Union logran un acordo para un plan de prevención
[editar | editar a fonte]Ante a magnitude do accidente e a presión dos sindicatos IndustriALL Global Union[12] e UNI Global Union, nunha poderosa alianza con importantes ONG, a Campaña Roupa Limpa e o Consorcio de Dereitos dos Traballadores, conseguiron importantes melloras para os traballadores en Bangladés.[13] Polo menos 24 empresas multinacionais asinaron un acordo que, sobre o papel, prevé inspeccións independentes. O gran número de mortes e accidentados fixo reaccionar a numerosas empresas que en anteriores ocasións mostráronse indiferentes.[14]
Empresas que asinaron o acordo de prevención
[editar | editar a fonte]As marcas que asinaron o acordo son as seguintes: H&M, Inditex, C&A, PVH, Tchibo, Tesco, Marks & Spencer, Primark, El Corte Inglés, jbc, Mango, Carrefour, KiK, Helly Hansen, G-Star, Aldi, New Look, Mothercare, Loblaws, Sainsbury’s, Benetton, N Brown Group, Stockmann, WE Europe, Esprit, Rewe, Next, Lidl, Hess Natur, Switcher, A&F.
Empresas que non asinaron o acordo de prevención
[editar | editar a fonte]Fast Retailing é a empresa xaponesa que fabrica artigos de roupa e complementos para as firmas de moda Uniqlo e Theory. GAP e Wal-Mart tampouco asinaron o acordo común de prevención e indican que asumirán de forma unilateral a prevención de accidentes.[15][16]
Causas da pobreza e de accidentes laborais en Bangladés
[editar | editar a fonte]Para Vicenç Navarro o problema maior que ten Bangladesh -segundo as estatísticas internacionais o país máis pobre do mundo xunto con Haití- non é a falta de recursos, senón o control sobre estes recursos. Navarro sinala que Bangladés non pode considerarse un país pobre, aínda que a inmensa maioría dos seus habitantes o sexa. O problema é que a oligarquía terratenente -o 16% dos propietarios de terra controlan o 60% de toda a terra-, produce alimentos que exportan aos países chamados desenvolvidos consolidando unha estrutura agrícola que provoca un número importante de poboación misérrima que acaba emigrando do medio rural ás cidades onde é explotada -en condicións económicas, laborais e de seguridade penosas- nas distintas manufacturas e industrias urbanas, entre elas a téxtil. O poder político responde unicamente aos intereses dos terratenentes rurais e os empresarios urbanos, sectores que producen segundo as demandas exteriores sen atender as necesidades da poboación de Bangladés.[17]
Segundo Navarro, a desgraza do Rana Praza, situado a 29 quilómetros de Daca, é un máis dos accidentes que se producen en Bangladés. Desde 2005 morreron máis de setecentos traballadores soamente provocados por incendios en fábricas, o último incendio produciuse na fábrica téxtil de Tazreen o 24 de novembro de 2012. O edificio Ra Praza é propiedade de Sohel Ra, un dos dirixentes do partido gobernante Liga Awami. Poucos días despois do colapso da fábrica, 20.000 traballadores de fábricas próximas á que se derrubou manifestáronse en protesta. Foron duramente reprimidos.[17]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ya son más de mil los muertos por el derrumbe de Bangladés. El Rana Plaza se incendió y desplomó el pasado 24 de abril con 3.122 personas en su interior, Público, 10/5/2013
- ↑ Mullen, Jethro (24 de abril de 2013). "Bangladesh building collapse kills at least 80". CNN. Consultado o 24 de abril de 2013.
- ↑ Bangladesh y la explotación de los trabajadores. Dossier, Jorge Yabkowski, Deborah Orr, Maha Rafi Atal, Vijay Prashad, Sin permiso, 6/6/2013
- ↑ "Desabamento em Bangladesh revela lado obscuro da indústria de roupas". BBC News Brasil (en portugués). 2013-04-29. Consultado o 2022-04-10.
- ↑ "80 dead, 800 hurt in Savar high-rise collapse". bdnews24.com. 24 de abril de 2013. Arquivado dende o orixinal o 27 de abril de 2013. Consultado o 24 de abril de 2013.
- ↑ Sáenz de Ugarte, Iñigo (27 de abril de 2013). "La maldición de Bangladés empieza en las tiendas de Europa y EE. UU.". Consultado o 9 de maio de 2013.
- ↑ Zain Al-Mahmood, Syed (24 de abril de 2013). "Bangladesh building collapse kills at least 76 garment workers". Consultado o 24 de abril de 2013.
- ↑ Alam, Julhas (24 de abril de 2013). "At least 87 dead in Bangladesh building collapse". Consultado o 24 de abril de 2013.
- ↑ "Bangladesh Dhaka building collapse leaves 80 dead". BBC News. 24 de abril de 2013.
- ↑ "At least 100 killed and many more hurt in Bangladesh factory collapse". 24 de abril de 2013. Consultado o 24 de abril de 2013.
- ↑ Nelson, Dean (24 de abril de 2013). "Bangladesh building collapse kills at least 82 in Dhaka". Consultado o 24 de abril de 2013.
- ↑ ¡Lo logramos! – Avance mundial al firmar las marcas de minoristas el Acuerdo sobre seguridad de las fábricas en Bangladés, IndustriALL global union, 16/5/2013 (en castelán)
- ↑ Bangladesh: Mango y El Corte Inglés, Juan Hernández Zubizarreta, naiz, 16/5/2013
- ↑ Inditex, El Corte Inglés y Mango apuestan ahora por la seguridad en Bangladés, Infolibre, 16/5/2013
- ↑ Uniqlo esquiva el pacto por la seguridad en Bangladés, InfoLibre, 28/5/2013
- ↑ "Advertencia de los inversores: los compradores de riesgo se apartan ante la actitud de GAP respecto al acuerdo sobre seguridad de Bangladés". IndustriAll Global Unión. 21-5-2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Colapso do Rana Plaza |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Folga nas fábricas de camisas de Nova York en 1909
- Incendio na fábrica Triangle Shirtwaist de Nova York en 1911
- Precariedade laboral
- Sinistralidade laboral
- Dereito laboral
- Industria téxtil
- Javier Chércoles Blázquez
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Bangladés e a explotación dos traballadores. Dossier, Jorge Yabkowski, Deborah Orr, Maha Rafi Atal, Vijay Prashad, SIn permiso, 6/5/2013 (en castelán)
- Lográmolo! – Avance mundial ao asinar as marcas de comerciantes polo miúdo o Acordo sobre seguridade das fábricas en Bangladés, IndustriALL global union, 1&/5/2013 (en castelán)
- Acordo sobre incendios e seguridade de edificios en Bangladés, 13/5/2013 (en inglés)