Cogomelo alucinóxeno
Os cogomelos alucinóxenos son fungos que conteñen substancias psicodélicas, como o psilocybin, psilocin ou muscimol.
Categorización
[editar | editar a fonte]Os cogomelos alucinóxenos ou psicodélicos poden dividirse en dous grupos: o grupo dos Psilocybin que contén fungos que se atopan principalmente no xénero Psilocybe, e o dos Muscimol que contén cogomelos do xénero Amanita.
Os fungos psilocibios conteñen psilocybin e/ou psilocin e triptaminas psicodélicas, que son estruturalmente similares á serotonina. Son fortes reguladores do humor, do estado da mente e da consciencia. Algunhas especies de Psilocybe conteñen ademais o alcaloide baeocystin, que é un derivado do psilocybin. Outros xéneros que conteñen psilocybin son Conocybe, Copelandia, Gymnopilus, Inocybe e Panaeolus.
Efectos
[editar | editar a fonte]O Psilocybe cubensis proporciona unha viaxe salvaxe que pode sacar a relucir problemas internos e o seu efecto pode prolongarse ata 6 horas. Os efectos destes cogomelos alucinóxenos percibense en ondadas; a viaxe ten períodos duros e tranquilos. Stropharia cubensis é o cogomelo alucinóxeno máis coñecido e preferido. Os cogomelos alucinóxenos Cubensis son unha substancia psicodélica (alucinóxena) moi potente. Estes cogomelos conteñen psilocina e psilocibina. En tódolos casos os cogomelos psicotrópicos son perigosos, xa que unhas decenas de minutos despois de consumilos provocarán un desfase entre o cerebro e os estímulos que lle chegan ao corpo, perdendo totalmente a percepción do tempo ademais da conciencia.
Historia
[editar | editar a fonte]Dende épocas moi remotas existiu un verdadeiro culto aos fungos alucinóxenos. Proba diso son os achados arqueolóxicos onde aparecen figuras representando fungos e ás que nalgunhas ocasións identificábanse como deuses. Os maias eran verdadeiros pioneiros no seu uso e os chamáns utilizábanos para alcanzar transos visionarios. Tamén se relacionan con mitos e lendas de meigas, elfos, trasnos e gnomos. O emprego deste tipo de fungos rexurdiu en 1957 coa publicación dun artigo titulado En busca do fungo máxico por R. Gordon Wasson na revista Life, e co cultivo no laboratorio de Psilocybe mexicana por parte do micólogo francés Roger Hiem.
Situación
[editar | editar a fonte]Os fungos psicotrópicos poden atoparse nalgunhas zonas do norte de España. Cómense crús ou pódense cociñar.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]En castelán
[editar | editar a fonte]En inglés
[editar | editar a fonte]- The Shroomery Información detallada ó redor dos cogumelos psicodélicos incluíndo a súa identificación, cultivo e esporas etc.
- Magic MushroomsArquivado 28 de novembro de 2020 en Wayback Machine.
- The Vaults of Erowid - Psilocybin Mushrooms
- Drugs Forum: Magic Mushroom Section
- Mushroom John's Shroom World
- Mycotopia
- TCCWiki
- The Good Drugs Guide
- Terence McKenna
- Shroom safety tips Arquivado 21 de marzo de 2007 en Wayback Machine.
- Mushplanet
- Psilocybin Mushrooms
- Zauberpilz.com
- 020 London
- How UK's love of mushrooms grew
- Illegal in UK as of 18 July 2005
- Illegal in Ireland as of 31 Jan 2006
- EMCDDA Thematic Paper: Hallucinogenic mushrooms - an emerging trend case study
- Magic Mushrooms news page