Claude V. Palisca
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de novembro de 1921 Rijeka, Croacia |
Morte | 11 de xaneiro de 2001 (79 anos) New Haven, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Harvard |
Actividade | |
Ocupación | musicólogo |
Empregador | Universidade de California, Berkeley Universidade de Míchigan Universidade de Zagreb Universidade de Illinois en Urbana-Champaign Universidade Yale Universidade de Barcelona |
Premios | |
| |
Claude Victor Palisca, nado en Fiume, Italia o 24 de novembro de 1921 e finado en New Haven, Connecticut, EUA o 11 de xaneiro de 2001, foi un musicólogo especializado no estudo da música italiana e da teoría musical de finais do século XVI e principios do século XVII. Estivo interesado principalmente no estudo das diferenzas estilísticas que tiveron lugar en Italia ao redor do ano 1600, producidas polo xurdimento dun novo "idioma musical" barroco respecto ao anterior renacentista. Centrou as súas investigacións no paso do renacemento tardío ao primeiro barroco e de como estas últimas prácticas creceron a raíz das primeiras, incluíndo nos seus traballos unha explicación teórica e unha análise da diferenza entre Artusi e Monteverdi.
Principais obras
[editar | editar a fonte]- PALISCA, Claude V.: The Beginnings of Baroque Music: its Roots in Sixteenth Century Theory and Polemics, Harvard U., 1954.
- PALISCA, Claude V.: Norton Anthology of Western Music, Nova York, 1980.
- PALISCA, Claude V., GROUT, Donald J.: A History of Western Music, Nova York, 3/1980, 5/1996.
- PALISCA, Claude V.: Humanism in Italian Renaissance Musical Thought, New Haven, CT, 1985.