Clash of Clans
Clash of Clans | |
---|---|
Desenvolvedor(es) | Supercell |
Versión | 13.369.9 |
Lanzamento | 2 de agosto de 2012 e 7 de outubro de 2013 |
Xénero | Simulación |
Modos de xogo | Un xogador, multixogador |
Clasificación | USK |
Plataforma(s) | Android, iOS |
Requisitos | iOS 9.0.0 o versión superior (iPhone, iPad e iPod Touch). Android 4.2.2 o versión superior. É requirida unha conexión de rede. |
Serie | Xogos de Supercell |
Na rede | |
Páxina oficial | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Clash of Clans, tamén coñecido CoC é un videoxogo de estratexia e de construción de aldeas en liña, para dispositivos móbiles con plataformas de IOS e Android. Lanzado o 2 de agosto de 2012, foi creado por Supercell,[1] compañía de videoxogos con sede en Helsinqui, Finlandia.
O xogo foi lanzado para a plataforma iOS o 2 de agosto de 2012. O 30 de setembro de 2013 foi lanzado para Android.[2]
Funcionalidade
[editar | editar a fonte]Clash of Clans é un videoxogo de estratexia multixogador ou dun xogador no que o usuario debe construír unha aldea (nunha cuadrícula de 44x44), adestrar tropas e elaborar feitizos para atacar outras aldeas de xogadores en liña ou a campañas dun xogador chamadas "os trasnos" onde se conseguen recursos sen gañar nin perder trofeos, para conseguir ouro, elixir e elixir escuro, que pode usarse para protexerse de ataques inimigos, adestrar e mellorar as tropas. Tamén poden crearse clans onde se poden unir diferentes xogadores en liña para axudarse mutuamente doando tropas no castelo do clan e facendo guerras de clan con estes xogadores en liña.
Acollida
[editar | editar a fonte]Publicación | Cualificación |
---|---|
Metacritic | 74/100[3] |
3djuegos | 8.8/10[4] |
148Apps | [5] |
Gamezebo | [6] |
Modojo | [7] |
Pocket Gamer | [8] |
Clash of Clans recibiu na súa maioría boas críticas e foi moi exitoso para Supercell, xa que xunto ao seu outro xogo, Hay Day, a compañía finlandesa conseguiu 770 millóns de dólares, xerando 2,4 millóns ao día.[9] Na Google Play ten unha recepción[10] de 4,5 sobre 5 e na App Store ten unha recepción[11] de 4,7 sobre 5.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Supercell, así é a nova empresa rompedora en videoxogos móbil". Xataka Móvil (en español). 21 de xaneiro de 2014. Consultado o 11 de xullo de 2020.
- ↑ "Clash of Clans". MeriStation (en español). 13 de xaneiro de 2020. Consultado o 11 de xullo de 2020.
- ↑ "Clash of Clans (iOS)". Metacritic (en inglés). Consultado o 11 de xullo de 2020.
- ↑ "Análise de Clash of Clans". 3djuegos (en español). Consultado o 11 de xullo de 2020.
- ↑ "Análise de Clash of Clans". 148Apps (en inglés). Consultado o 11 de xullo de 2020.
- ↑ "Análise de Clash of Clans". Gamezebo (en inglés). 7 de agosto de 2012. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2020. Consultado o 11 de xullo de 2020.
- ↑ "Análise de Clash of Clans". Modojo (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2014. Consultado o 11 de xullo de 2020.
- ↑ "Análise de Clash of Clans". Pocket Gamer (en inglés). 18 de decembro de 2012. Consultado o 11 de xullo de 2020.
- ↑ "Supercell é unha nova startup de $ 770 millones e xenera $ 2.4 millones por día" (en inglés). 17 de abril de 2013. Consultado o 11 de xullo de 2020.
- ↑ "Clash of Clans en Google Play". Consultado o 11 de xullo de 2020.
- ↑ "Clash of Clans en App Store" (en español). Consultado o 11 de xullo de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Clash of Clans |