Cineuropa
Cineuropa | |
---|---|
Tipo | festival de cinema |
Data de fundación | 1987 |
Sede | Santiago de Compostela |
País | Galicia |
Na rede | |
http://cineuropa.gal e https://www.cineuropa.gal/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Cineuropa é un festival de cinema celebrado cada novembro na cidade de Santiago de Compostela.
Características
[editar | editar a fonte]A primeira edición tivo lugar en 1987, e celebrouse anualmente, agás en 1995. Á edición de 2011 presentáronse máis dun cento de filmes en cinco salas distintas da cidade: o Teatro Principal, Salón Teatro, a Sede da Fundación Nova Caixa Galicia-CSM, o Auditorio de Galicia e mais o CGAC. Desde entón foi crecendo, e na 35ª edición durante 17 días proxectáronse 161 filmes (151 longametraxes e 10 curtas), creadas por cineastas de 43 nacionalidades.
Seccións oficiais
[editar | editar a fonte]- Novos e novas cineastas
- Cine europeo
- Panorama internacional
- Panorama audiovisual galego
- Docs Cineuropa
Ademais das sección oficiais, conta con diferentes ciclos que varían cada ano, e con actividades paralelas como obradoiros para cativos de entre 8 e 18 anos, programas como Cinema en Curso (coordenado en Galiza en 2021 por Xacio Baño, Jaione Camborda, Ángel Santos e outros, con presenza en diversas autonomías de España, en Alemaña, Chile e México), mesas de debate ou conferencias.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Programa". #CINEUROPA35. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2022. Consultado o 2022-02-17.
- ↑ "O Festival". #CINEUROPA35. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2022. Consultado o 2022-02-17.