Saltar ao contido

Cinco semanas en globo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Cinco semanas en globo
Portada da primeira edición
Título orixinalCinq semaines en ballon
Autor/aJules Verne
Ilustrador/aÉdouard Riou
OrixeFrancia
Linguafrancés
Tema(s)África e exploración
Xénero(s)Novela, Aventuras
EditorialHetzel
Data de pub.1863
Na rede
BNE: XX2032057
editar datos en Wikidata ]

Cinco semanas en globo (no orixinal en francés Cinq semaines en ballon) é unha novela do escritor francés Jules Verne que foi publicada en 1863. Trátase da súa primeira novela e nela xa aparecen os ingredientes do que será a súa futura obra, mesturando habilmente unha intriga ateigada de aventuras e sobresaltos de todo tipo e descricións técnicas, xeográficas e históricas. O libro leva a cabo un bo resumo das exploracións do continente africano, que daquela non era totalmente coñecido polos europeos e ó que ían moitos exploradores en busca dos seus segredos.

Foi traducida ao galego por María Carmen Campos e publicada en 2005 pola Baía edicións, dentro da colección As mellores aventuras de Xulio Verne[1].

  1. Ficha do libro Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine. en BiTraGa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]