Cigoto
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/81/Gray3.png/200px-Gray3.png)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/77/%D0%AD%D0%BC%D0%B1%D1%80%D0%B8%D0%BE%D0%BD_%D1%87%D0%B5%D0%BB%D0%BE%D0%B2%D0%B5%D0%BA%D0%B0_%D0%BF%D0%B5%D1%80%D0%B2%D1%8B%D0%B5_%D1%81%D1%83%D1%82%D0%BA%D0%B8_%D1%80%D0%B0%D0%B7%D0%B2%D0%B8%D1%82%D0%B8%D1%8F.png/220px-%D0%AD%D0%BC%D0%B1%D1%80%D0%B8%D0%BE%D0%BD_%D1%87%D0%B5%D0%BB%D0%BE%D0%B2%D0%B5%D0%BA%D0%B0_%D0%BF%D0%B5%D1%80%D0%B2%D1%8B%D0%B5_%D1%81%D1%83%D1%82%D0%BA%D0%B8_%D1%80%D0%B0%D0%B7%D0%B2%D0%B8%D1%82%D0%B8%D1%8F.png)
O cigoto[1] ou zigoto[2] é a célula diploide resultante da unión dos núcleos haploides (cariogamia) de dúas células mutuamente compatibles. É o produto inicial da reprodución sexual.
Cigoto animal[editar | editar a fonte]
Nos animais, o cigoto chámase ovo e resulta da unión de dous gametos: óvulo e espermatozoide. É unha célula totipotente, ou sexa, é capaz de gardar as características xenéticas dos proxenitores, podendo xerar todas as liñaxes celulares do organismo adulto.
A través de varias divisións mitóticas dá orixe a un novo individuo (embrión). A cantidade e a distribución do vitelo varían de acordo co organismo considerado e dependen, inclusive, do tipo de desenvolvemento do embrión.
Cigoto vexetal[editar | editar a fonte]
Nas plantas verdes, o cigoto vai dar orixe ao esporófito, a fase diploide que produce esporas; a xerminación desas esporas dá orixe ao gametófito, capaz de producir os gametos haploides. Nas espermatófitas, o cigoto primeiro transfórmase nun embrión que se atopa dentro da semente, pteridófitas, o cigoto desenvólvese directamente na planta adulta[3].
Nos fungos, o cigoto é a célula resultante da fusión dos núcleos de dúas hifas sexualmente compatibles e dá orixe a unha cigóspora, que produce unha nova hifa cuxos núcleos irán xerar esporas capaces de se desenvolver en novos individuos haploides[4].
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cigoto.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para zigoto.
- ↑ Biologia - Aula 02 - Os vexetais en scribd.com (en portugués) A 31 de maio de 2009
- ↑ Reprodución dos fungos en PortalSãoFrancisco.com.br (en portugués) A 31 de maio de 2009