Saltar ao contido

Christian Meier

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaChristian Meier

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Christian Dietrich Meier Zender Editar o valor en Wikidata
23 de xuño de 1970 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Lima, Perú Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncantante, compositor, actor de televisión, director de cinema, empresario, actor, modelo, guionista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1988 Editar o valor en Wikidata -
InstrumentoVoz Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMarisol Aguirre (1995–2008) Editar o valor en Wikidata
FillosStefano Meier Editar o valor en Wikidata
PaisAntonio Meier Editar o valor en Wikidata  e Gladys Zender Editar o valor en Wikidata
Premios

IMDB: nm0576662 Rottentomatoes: celebrity/christian-meier
Facebook: ChristianMeieroficial Twitter: oliverdog BNE: XX1674645 Spotify: 3OgfCHk8YwaZ7NjQHbL4f3 Musicbrainz: 9e381e4e-8673-40a6-af0b-07aa3460f62a Discogs: 3748324 Editar o valor en Wikidata

Christian Dietrich Meier Zender, nado en Lima o 23 de xuño de 1970, é un actor, cantante e modelo peruano.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

É fillo de Gladys Zender, primeira Miss Universo peruana e de Antonio Meier, político peruano que no ano 2006 foi elixido como alcalde do distrito limeño de San Isidro e ten unha irmá chamada Karina Meier Zender. Estudou no colexio Católico Champagnat, da congregación Marista e posteriormente estudou deseño gráfico, do que se graduou a principios de 1992.

Foi parella durante 12 anos da actriz peruana Marisol Aguirre, ambos protagonizaron a exitosa telenovela Gorrión, tempo durante o cal empezou a súa relación, froito da naceron tres fillos, Steffano Meier en 1996, Taira Meier no 2001 e Gia Meier, no 2003. Separáronse no ano 2007, facéndoo totalmente efectivo en novembro de 2008.

Vida artística

[editar | editar a fonte]

Desde os 12 anos de idade, Meier integrou numerosos grupos musicais, cantando e compoñendo cancións. Aos 17 anos iniciouse profesionalmente xunto a Pedro Suárez-Vértiz, Patricio Suárez-Vértiz e Arturo Pomar Jr., ao formar o grupo Arena Hash.[2] Tras a disolución de Arena Hash, Meier iniciou a súa carreira solista co disco No me acuerdo quién fui, álbum que foi escrito, composto e producido por el mesmo. Co éxito do seu primeiro álbum, animouse a sacar unha segunda produción discográfica titulada Primero en mojarme. Máis tarde, chegaría o seu disco máis coñecido internacionalmente titulado Once noches, no que contou coa colaboración de Mikel Erentxun no tema "Novia de nadie".

Alcanzou fama internacional como actor de telenovelas, carreira que inicia con Gorrión transmitida por Panamericana Televisión, e Luz María. Posteriormente participou en películas como No se lo digas a nadie (1998) e La mujer de mi hermano (2005) ambas adaptacións de novelas do escritor peruano Jaime Bayly.

En 2007 viaxou a Colombia e traballou na telenovela Zorro, La espada y la rosa xunto á actriz mexicana Marlene Favela. Logo interpretou a Santos Luzardo en Doña Bárbara ao lado da actriz mexicana Edith González, tamén gravada en Colombia.

En outubro de 2008 a revista People en español incluíno na lista dos 50 homes máis sexys de 2008.[3]

En setembro de 2010 protagonizou a teleserie de misterio de Telemundo Alguien te mira, ao lado da actriz colombiana Danna García.[4]

No 2011 regresou a Caracol Televisión en Colombia para protagonizar a super produción Primera Dama ao lado de Carina Cruz, Kathy Saenz, Javier Jattin, Jairo Camargo e Jaqueline Arenal, onde personifica a un Presidente de Colombia chamado Leonardo Santander.

Filmografía

[editar | editar a fonte]

Películas

[editar | editar a fonte]

Telenovelas

[editar | editar a fonte]

Discografía

[editar | editar a fonte]
  1. "Esmas "Biografía de Christian Meier"". Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2010. Consultado o 22 de decembro de 2011. 
  2. El Comercio "Pedro Suárez Vértiz: "Resucitar Arena Hash sería un verdadero éxito" Arquivado 18 de outubro de 2010 en Wayback Machine. - actualizado marzo de 2010
  3. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2014. Consultado o 22 de decembro de 2011. 
  4. "Noticias Google : Christian Meier regresa a la pantalla con una teleserie de misterio". Arquivado dende o orixinal o 14 de setembro de 2010. Consultado o 14 de setembro de 2010.