Chris Griffin
Aparencia
Personaxe de Family Guy | |
Christopher Cross Griffin | |
---|---|
Vive en: | Quahog, Rhode Island |
Xénero: | Masculino |
Altura: | 168 cm |
Peso: | 113,40 kg |
Pelo: | Loiro |
Idade: | 14 |
Ocupación: | Estudante, repartidor de xornais |
Relixión: | Católica |
Hobbies: | Pintar, debuxar |
Primeira aparición: | "Death Has a Shadow" |
Christopher Cross Griffin (máis coñecido como Chris) é o segundo fillo de Peter e Lois na serie de animación estadounidense Family Guy. É unha reprodución a escala do seu pai, do que herda a pouca intelixencia e a aparencia física, coma o sobrepeso. Destaca na pintura, onde chegou a ser promocionado como pintor en Nova York, onde coñeceu á que foi a súa moza Kate Moss. Chris idolatra ó seu pai e intenta non decepcionalo, pero Peter non lle presta atención. Vive atemorizado por un mono que vive no seu armario.