Charles Pic
Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de febreiro de 1990 (34 anos) Montélimar, Francia |
Actividade | |
Ocupación | piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un |
Deporte | automobilismo |
Familia | |
Irmáns | Arthur Pic |
Sitio web | charlespic.com |
Charles Pic, nado en Montélimar o 15 de febreiro de 1990, é un piloto de carreiras francés. Competiu no Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2012 co equipo Marussia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pic tivo unha exitosa carreira no karting, gañando campionatos menores, carreiras individuais e a piques de gañar o Campionato de Europa ICA Júnior.
Fórmula Renault
[editar | editar a fonte]Pic correu na Fórmula Renault Campus en Francia en 2006, onde terminou terceiro. En 2007 Pic correu no Championnat de Francia de Fórmula Renault 2.0 e Eurocup Formula Renault 2.0, e terminou cuarto na serie francesa e terceiro no campionato.
Formula Renault 3.5 Series
[editar | editar a fonte]Foi contratado para pilotar na Formula Renault 3.5 Series no equipo Tech 1 Racing a comezos de 2008.[1] Co seu compañeiro Julien Jousse, terminaron sextos no campionato con dúas vitorias en Circuíto de Mónaco, dominaron a fin de semana, coa pole posición e a volta máis rápida, no Circuíto de Le Mans. En 2009 continuou na serie con Tech 1, empezando de xeito vergoñoso, cando abandonou na volta de arrequecemento en Barcelona. Recuperouse do lento comezo da tempada, ao gañar dúas carreiras en Silverstone e Nürburgring, e terminou terceiro no campionato. En 2009 tamén formou parte do Renault Driver Development.[2]
GP2 Series
[editar | editar a fonte]Charles Pic debutou na GP2 na tempada 2011 de xeito inmellorable, conseguindo gañar a súa primeira carreira no Circuíto de Cataluña. No entanto, non puido brillar máis o resto do ano, sumando unha pole position e un podio como mellor resultado.
En 2011, Pic fichou polo Barwa Addax Team, xunto con Giedo van der Garde. e completou a súa mellor tempada na categoría, logrando dúas vitorias, Cataluña e Mónaco e outros dous podios que lle permitiron acabar en 4ª posición na clasificación xeral do campionato, tres puntos por diante de Van der Garde.
Fórmula Un
[editar | editar a fonte]En novembro de 2011, Pic fixo o seu debut ao volante dun coche de Fórmula Un, participou nos tests de novos pilotos celebrado no Circuíto de Yas Marina de Abu Dabi con Marussia Virgin Racing.[3]
Durante a proba, varias fontes de noticias informaron que Pic chegara a un acordo para correr co equipo no 2012.[4][5] Logo da conclusión do Gran Premio do Brasil de 2011 confirmouse que efectivamente Pic sería o compañeiro de Timo Glock en 2012.[6]
Marussia (2012)
[editar | editar a fonte]Logo da conclusión do Gran Premio do Brasil de 2011 confirmouse que Pic sería o compañeiro de Timo Glock en Marussia F1 en 2012.[7] Tamén se confirmou que Pic sería apadriñado polo expiloto de F1 e compatriota Olivier Panis[8] No Gran Premio de Hungría de 2012 informouse dunha pelexa entre Pic e o seu compañeiro de equipo logo de que Pic bloqueara a Glock durante a cualificación.[9] Pic terminou a carreira no posto 20º. En Bélxica Pic marcou o mellor tempo nos adestramentos libres 2. Pic terminou a tempada 21º na clasificación xeral de pilotos.
Caterham (2013)
[editar | editar a fonte]En novembro de 2012 anunciouse que Pic asinara un contrato de varios anos co equipo Caterham con motor Renault, xunto co ex compañeiro de equipo na GP2 e o novato na F1 Giedo van der Garde que foi confirmado máis tarde como seu compañeiro.
Pic debutou con Caterham no Gran Premio de Australia de 2013, terminando no posto 16º.
O 21 de xaneiro de 2014, o director do equipo de Caterham, Cyril Abiteboul confirmou que Pic non estaría pilotando para Caterham en 2014:
Charles Lamentablemente non estará connosco a próxima tempada. É unha mágoa que a aventura entre Caterham e Charles termine. A nivel persoal quero agradecer a Charles polo traballo que conseguiu o ano pasado.
Resultados completos na Fórmula 1
[editar | editar a fonte]- As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.
Ano | Equipo | Chasis | Motor | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | Pos. | Puntos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2013 | Caterham F1 Team | Caterham CT03 | Renault RS27-2013 V8 | AUS 16 |
MAL 14 |
CHN 16 |
BAH 17 |
ESP 17 |
MON Ret |
CAN 18 |
RU 15 |
ALE 17 |
HUN 15 |
BEL Ret |
ITA 17 |
SIN 19 |
COR 14 |
XPN 18 |
IND Ret |
ABU 19 |
USA 20 |
BRA Ret |
20º | 0 | |
2012 | Marussia F1 Team | Marussia MR01 | Cosworth CA2012 V8 | AUS 15† |
MAL 20 |
CHN 20 |
BAH Ret |
ESP Ret |
MON Ret |
CAN 20 |
EUR 15 |
RU 19 |
ALE 20 |
HUN 20 |
BEL 16 |
ITA 16 |
SIN 16 |
XPN Ret |
COR 19 |
IND 19 |
ABU Ret |
USA 20 |
BRA 12 |
21º | 0 |
* Tempada en curso
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ English, Steven (2008-02-06). "Tech 1 aiming to retain crown". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 2008-03-06.
- ↑ "The Renault Driver development Programme announces its 2009 class". f1technical.net (f1technical). 19 January 2009. Consultado o 30 November 2011.
- ↑ Elizalde, Pablo (11 November 2011). "Charles Pic joins Virgin for Abu Dhabi test". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 22 November 2011.
- ↑ Noble, Jonathan (15 November 2011). "Charles Pic set to race with marussia in 2012". Autosport (Haymarket Publications). Consultado o 22 November 2011.
- ↑ Bean, David (21 November 2011). "Brazilian Grand Prix 2011: Preview". TheCheckeredFlag.co.uk (BlackEagleMedia). Consultado o 22 November 2011.
Brazil could also be the final race for Jerome D'Ambrosio, with Virgin Racing expected to announce Charles Pic alongside Timo Glock for next season.
- ↑ "Marussia Virgin Racing Completes 2012 Race Driver Line-up". Virgin Racing. 27 November 2011. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2011. Consultado o 27 November 2011.
- ↑ "Marussia Virgin Racing Completes 2012 Race Driver Line-up". Virgin Racing. 27 November 2011. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2011. Consultado o 27 November 2011.
- ↑ Norman, Craig (8 December 2011). "Pic picks a good role model". BadgerGP.com (Badger GP). Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2012. Consultado o 21 December 2011.
- ↑ Teammate feud brewing at Marussia Arquivado 03 de decembro de 2013 en Wayback Machine. inautonews FC