Cerceda
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia da Coruña | ||||
Capital | O Campo da Feira | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 5.058 (2023) (45,46 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 111,27 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Xefe do goberno | José García Liñares | ||||
Eleccións municipais en Cerceda | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 15185 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 15024 | ||||
Páxina web | cerceda.es | ||||
Cerceda é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Ordes.
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo o IGE a súa poboación no 2014 era de 5.156 habitantes (5.570 no 2009, 5.483 no 2006, 5.500 no 2005, 5.499 no 2004, 5.471 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cercedense».
Censo total 2014 | 5.156 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 520 (10.08 %) |
Entre 15 e 64 anos | 3.101 (60.14 %) |
Maiores de 65 anos | 1.535 (29.77 %) |
Evolución da poboación de Cerceda Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
4.803 | 5.949 | 7.418 | 7.201 | 5.499 | 5.486 | 5.392 | 5.318 | 5.265 | 5.156 | 5.076 | 5.031 | 4.992 | 5.023 | 5.001 | 5.008 | 4.996 | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Patrimonio
[editar | editar a fonte]Existen restos de dous castros galaicos, o castro de Coto de Guichar (na parroquia das Encrobas) e o castro de Cerceda. Neste atopouse un torque de ouro.
Entre os diversos templos relixiosos destaca a igrexa de Santo André de Meirama, construída no século XII e reformada en 1720.
Do pazo de Boedo, declarado en 1994 Ben de Interese Cultural, mantense do un caserón cun par de chemineas e uns brasóns. No pazo-torre de Gontón das Encrobas están localizadas na actualidade as oficinas da empresa mineira Limeisa. A súa torre tiña orixe medieval. O pazo das Lavandeiras foi construído no século XVIII, de estilo barroco, estando no presente restaurado. Forma parte dun conxunto histórico fundado polos descendentes dos Becerra.
Economía
[editar | editar a fonte]Cerceda é un concello con dúas grandes empresas, a Central Térmica de Meirama e a planta de tratamento de residuos da empresa de Sogama outras empresas están no polígono industrial do Acevedo. Durante o verán abre o parque acuático Aquapark.[1]
Recursos de lecer
[editar | editar a fonte]Cerceda conta cun parque acuático municipal que está aberto na época estival.
Tamén ten 3 rutas homologadas de sendeirismo:
- PR-G 129 Senda Rodís - Xesteda (senda circular)
- PR-G 130 Senda Meirama - Xalo - Meirama (senda circular)
- PR-G 131 Ruta Cerceda - Portobrea (ruta lineal)
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Cerceda.
-
Incineradora de Sogama coa central térmica de Meirama ao fondo.
-
Vista parcial das instalacións municipais do parque acuático de Cerceda.
-
Vista da central térmica de Meirama (Cerceda) e a zona próxima.
-
Muíño de Cerceda.
-
Monumento de homenaxe a Castelao.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cerceda | |
---|---|
Cerceda (San Martiño) | As Encrobas (San Román) | Meirama (Santo André) | Queixas (Santa María) | Rodís (San Martiño) | Xesteda (Santa Comba) |
Lugares de Cerceda
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cerceda vexa: Lugares de Cerceda.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Aquapark de Cerceda". Arquivado dende o orixinal o 26 de maio de 2015. Consultado o 02 de decembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cerceda |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial do Concello de Cerdeda
- Ruta sendeirista homologada: PR-G 129 Senda Rodís - Xesteda - SEGATUR
- Ruta sendeirista homologada: PR-G 130 Senda Meirama - Xalo - Meirama - SEGATUR
- Ruta sendeirista homologada: PR-G 131 Ruta Cerceda - Portobrea - SEGATUR
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |