Cemiterio de Adina
O cemiterio de Adina é un camposanto situado en Iria Flavia. En 1975 foi declarada Ben de Interese Cultural a igrexa de Santa María de Iria Flavia e o seu contorno, do que o cemiterio de Adina forma parte.[1][2]
Historia
[editar | editar a fonte]O simiterio da Adina |
Encóntranse en Adina sartegos datados entre os séculos VI e X que conforman unha necrópole cristiá[4] de época romana tardía e sueva.[1][5][6]
Rosalía de Castro dispuxo ser soterrada neste cemiterio trala súa morte en 1885,[7] non obstante os seus restos foron exhumados en 1891 para ser trasladados ó Panteón de Galegos Ilustres.[8] No camposanto de Adina foi tamén soterrado o mestre e filántropo José María Vidal Cepeda.[9] No cemiterio quixo Camilo José Cela ser enterrado o pé dunha oliveira e a carón dos seus devanceiros,[10] entre os que se atopan John Trulock e Camilo Bertorini.[11]
O 23 de agosto de 1975 foi declarada Ben de Interese Cultural a igrexa de Santa María de Iria Flavia e o seu contorno, do que forman parte o cemiterio de Adina e a casa dos cóengos, ó ser un conxunto arqueolóxico, histórico e artístico singular.[1][2] As oliveiras centenarias de Adina están consideradas árbores senlleiras de Galicia.[12]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Decreto 2494/1975" (pdf). Boletín Oficial del Estado (en castelán). 23-10-1975. Consultado o 02-04-2017.
Decreto 2494/1975, do 23 de agosto, polo que se declara monumento histórico-artistico de caracter nacional a ex-colexiata de Santa María de Iria Flavia, co seu contorno, en Padrón (A Coruña)
- ↑ 2,0 2,1 "Ex-colegiata de Santa María de Iria Flavia, Con su Entorno". Ministerio de Educación, Cultura y Deporte (en castelán). Consultado o 02-04-2017.
Código: RI-51-0004179
- ↑ Rosalía de Castro. ¡Padrón...! ¡Padrón...!. Consultado o 02-04-2017.
- ↑ "Iria Flavia". Xacopedia (en castelán). Consultado o 02-04-2017.
- ↑ "La ex colegiata de Santa María de Flavia, en Padrón" (pdf). Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes (en castelán). Consultado o 02-04-2017.
- ↑ García Roldán, Alberto. "Santa María de Iria Flavia, Padrón". Galicia pueblo a pueblo (en castelán). Consultado o 02-04-2017.
- ↑ González Besada, A. (07-05-1916). Discursos leídos ante la Real Academia Española (pdf) (en castelán). Real Academia Española. p. 43 e notas na p. 60. Consultado o 02-04-2017.
- ↑ Villar Janeiro, Helena (25-2-2011). "Panteón de Galicia". El Correo Gallego. Arquivado dende o orixinal o 07-04-2017. Consultado o 02-04-2017.
- ↑ Botrán, C. (25-04-2006). "La urna de Vidal Cepeda". El Correo Gallego (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08-04-2019. Consultado o 08-04-2019.
- ↑ "Camilo José Cela ya descansa bajo un olivo en Iria Flavia". ABC (en castelán). 18-01-2002. Consultado o 08-04-2017.
- ↑ "Fondos del Museo Ferrocarrilero John Trulock". El País (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 18-10-2019. Consultado o 08-04-2017.
- ↑ "Árbores e formacións senlleiras de Galicia" (pdf). Xunta de Galicia. Consultado o 08-04-2017.
Código 65A
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cemiterio de Adina |