Cecilia Böhl de Faber
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2016.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Cecilia Francisca Josefa Böhl de Faber Ruiz de Larrea 24 de decembro de 1796 Morges, Suíza (pt) |
Morte | 7 de abril de 1877 (80 anos) Sevilla, España |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | escritora, folclorista, novelista |
Pseudónimo literario | Fernán Caballero |
Obra | |
Obras destacables | |
Outro | |
Título | Marquesado de Arco Hermoso (en) (1822–1835) |
Cónxuxe | Francisco de Paula Ruiz del Arco (1822–1835) |
Pais | Juan Nicolás Böhl de Faber e Frasquita Larrea |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Фернан Кабальеро) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Cecilia Böhl de Faber, nada en Morges (Cantón de Vaud, Suíza), o 24 de decembro de 1796 e finada en Sevilla o 7 de abril de 1877, foi unha escritora española. Adoitaba usar o pseudónimo de Fernán Caballero.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Cecilia era filla do cónsul Juan Nicolás Bohl e de Frasquita Larrea, quen tamén escribira empregando o pseudónimo de "Corina". Durante os seus primeiros anos viviu en Alemaña, regresando coa súa familia no ano 1813, á idade de 17 anos. Casou o 30 de marzo de 1816, co capitán de infantaría don Antonio Planelles e Bardaxí. A parella mudouse a Porto Rico xa que o seu esposo fora destinado a ese lugar, pero ese matrimonio duraría pouco por mor do falecemento de don Antonio.
Trasládase a Hamburgo, ao norte de Alemaña, onde viviu coa súa avoa. Algúns anos máis tarde mudouse novamente a El Puerto de Santa María, España, onde coñece a Francisco Ruiz de Arco, marqués de Arco Hermoso. O 26 de marzo de 1822, contrae segundas nupcias co marqués, en Sevilla. En maio de 1835 enviuvou novamente.
Pouco tempo despois coñeceu a Antonio Arrom de Ayala, con quen contraeu matrimonio en 1837. Pero Ayala estaba doente de tise e con graves problemas económicos que fan que se suicide en 1863.
Quedou así a escritora na pobreza; os duques de Montpensier e a raíña Isabel II, protéxena e bríndanlle unha vivenda no Patio de las Banderas do Alcázar de Sevilla. Pero a Revolución de 1868 obrígaa a mudarse debido a que as casas foron postas en venda.
Obra
[editar | editar a fonte]- La Familia de Alvareda (1849)
- La hija del Sol (1851)
- La flor de las ruinas
- Callar en vida y perdonar en muerte
- Cuadros de costumbres populares andaluzas. Sevilla: Española y Extranjera de José Mª Geofrin (1852)
- Lucas García (1852)
- A lo lejos del río sur (1863)
- Te gusta la toronja (1853)
- Clemencia. Madrid: Mellado (1852)
- Lágrimas. Sevilla: Española y Extranjera de José Mª Geofrin (1853)
- La estrella de Vandalia. Madrid: A. Andrés Babi (1855) — Novela autobiográfica.
- La gaviota. Madrid: Mellado (1856) — Novela realista, onde introduciu o costumismo.
- Mi abuelo Teodoro y El Secreto del Loro. Madrid:(1857) —
- Cuentos y poesías populares andaluzas. Sevilla: La Revista Mercantil (1859)
- Cuentos, oraciones, adivinanzas y refranes popular. Madrid: T. Fortanet (1877)
- Pobres y ricos (1890)
- Obras completas. Madrid: Avrial (1907)
- Cuentos de encantamiento infantiles. Contos infantiles. Madrid: Revista de Archivos (1911)
- El refranero del campo y poesías populares. Madrid: Revista de Archivos (1914)
- Cuentos, adivinanzas y refranes populares, recom,pilación (1921)
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cecilia Böhl de Faber |