Caxemira
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Territorio reivindicado por | India Paquistán | ||||
Estado | República Popular da China | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 3.945.000 (1941) (22,41 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Lingua caxemiresa língua dogri (pt) Língua ladakhi (pt) Língua balti (pt) Língua shina (pt) Língua khovar (pt) lingua punjabi Gujari (en) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 176.000 km² | ||||
Caxemira[1][2] é unha rexión localizada na zona norte do subcontinente da India.
Historia
[editar | editar a fonte]Historicamente, denominouse Caxemira ao val situado ao sur da parte máis occidental da cordilleira do Himalaia; mais, o termo "Caxemira" esténdese moito máis aló no ámbito político, incluíndo as rexións de Xammu e Ladakh, que historicamente formaban o principado de Xammu e Caxemira.
O Val de Caxemira é relativamente baixo e moi fértil, rodeado por gran número de montañas, sendo considerado como unha das zonas máis belas do mundo.
A rexión encóntrase actualmente dividida entre a India, Paquistán e a China, sendo un dos focos de disputas internacionais máis importante da actualidade. Paquistán controla a rexión noroccidental (Territorios do Norte e Azad Kashmir (azad significa "libre"), chamadas "Caxemira ocupada paquistaní" pola India). A India controla os sectores centrais e sur da rexión (Xammu e Caxemira), mentres que a China ten ocupado a rexión nororiental (Acsai Chin).
Ningún dos outros países recoñece a administración dos outros sobre os terreos disputados e considérannos zonas ocupadas ilegalmente. Actualmente, unha opción que ten tomado gran forza dentro de Caxemira, a independencia, foi negada duramente tanto por Paquistán como pola India.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para caxemira.
- ↑ Benigno Fernández Salgado, ed. (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1304. ISBN 9788482887524.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Caxemira |
A Galipedia ten un portal sobre: India |