Castroverde
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Provincia de Lugo | ||||
Capital | Castroverde | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.548 (2023) (14,63 hab./km²) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 174,2 km² | ||||
Altitude | 700 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde | Xosé María Arias Fernández | ||||
Eleccións municipais en Castroverde | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27120 | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27011 | ||||
Sitio web | concellodecastroverde.com |
Castroverde é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. O xentilicio é castroverdés.[1]
Demografía
[editar | editar a fonte]Segundo o IGE en 2015 tiña 2.802 habitantes (3187 no 2006, 3236 no 2005, 3286 no 2004, 3372 no 2003).
Censo total 2015 | 2.802 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 197 (7,03 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1,617 (57,71 %) |
Maiores de 65 anos | 988 (35,26 %) |
Evolución da poboación de Castroverde Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 | 2023 |
6189 | 7173 | 8122 | 4617 | 3286 | 3012 | 2933 | 2887 | 2840 | 2823 | 2802 | 2726 | 2676 | 2675 | 2617 | 2595 | 2609 | ||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Localización
[editar | editar a fonte]O concello sitúase no centro da provincia de Lugo. O territorio constitúe unha zona de transición entre a meseta luguesa e as Serras Orientais, de maneira que o terreo vai gañando altura cara ao leste: Serras de Monciro, do Mirador (coa altura de 1034 m en Pradairo), da Vaqueriza e de Puñago.
Numerosos regatos baixan destes montes, vertendo nos ríos Guimarás, Azúmara, Romeán, Outeiro e Tórdea, todos eles afluentes do Miño.
O clima é oceánico con matices continentais, cunha oscilación térmica de até 13 °C entre temperaturas invernais baixas (5,6 °C en xaneiro) e as suaves do verán (17,7 °C). Chove arredor de 1.000 mm.
Historia
[editar | editar a fonte]Castroverde pertenceu á Casa de Lemos até o século XVI, cando a vila, a fortaleza e as súas terras foron compradas polos Altamira. No século XIX producíronse enfrontamentos carlistas.
Monumentos
[editar | editar a fonte]Na propia vila fica aínda a torre da homenaxe da fortaleza medieval dos Castro de Lemos, tamén chamado Castelo de Castroverde. Hai tres pazos notorios: o de Abraira-Arana, en Vilabade, o de Cellán de Mosteiro e o de Pumarega.
A igrexa de Santa María de Vilabade, alcumada "catedral de Castroverde", foi construída no século XV a instancias de Fernando de Castro para un mosteiro; é gótica, mais con adicións posteriores e retablos barrocos.
Destaca tamén a igrexa prerrománica de Soutomerille, reformada no ano de 1619, así como outras varias con elementos románicos.
Festas e feiras
[editar | editar a fonte]- Festas de Santiago o Maior, os días 24, 25 e 26 de xullo, con numerosas actividades.
- Festa da Xuventude, o 27 de decembro.
- Feira da Artesanía. o 24 de agosto.
- Feira, domingos alternos.
- Festa dos Avós, en abril.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Galería de imaxes de Castroverde.
-
Torre do Castelo de Castroverde
Lugares de Castroverde
[editar | editar a fonte]Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Castroverde vexa: Lugares de Castroverde.
Parroquias
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 45. ISBN 978-84-8158-706-7.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castroverde |