Castelo de Cheverny
Castelo de Cheverny | |
---|---|
monumento histórico inscrito, monumento histórico clasificado, monumento histórico inscrito e monumento histórico clasificado | |
Coordenadas | 47°30′01″N 1°27′29″L / 47.500277777778, 1.4580555555556 |
Estilo arquitectónico | |
[ editar datos en Wikidata ] |
O castelo de Cheverny (en francés: Château de Cheverny) é un palacete rural, de estilo renacentista con museo, un parque con orangerie e xardíns de estilo francés, inglés e contemporáneo, que conta cun pavillón e un arboreto de 100 hectáreas de extensión de propiedade privada, localizado na comuna de Cheverny (Francia).
O edificio está situado no interior do Val do Loira e está inscrito como Patrimonio da Humanidade da UNESCO.[1]
Localización
[editar | editar a fonte]O château de Cheverny está situado no territorio da comuna de Cheverny, na rexión de Centro-Val do Loira, ao sur da cidade de Blois e a poucos quilómetros de distancia do tamén célebre château de Beauregard.
O código postal do château de Cheverny é o 41700.
Historia
[editar | editar a fonte]O castelo de Cheverny é actualmente un dos castelos máis famosos dos Países do Loira e pertence aos descendentes da familia Hurault, coñecida en Blois dende o século XIII.
Esta familia de financeiros e oficiais ilustrouse ao servizo de cinco reis de Francia, dende Jacques (xeneral de Finanzas de Lois XII) até Philippe (chanceler de Enrique III e despois de Enrique IV) e o seu fillo Henri e a condesa Marquerite, que mandan construír cara a 1620 un novo palacio inspirado na obra dos mellores artistas da época.
O arquitecto Boyer de Blois e o pintor decorador de Cheverny, Jean Monier, traballaron para a raíña María de Médicis no Palacio de Blois e no Palacio de Luxemburgo en París.
Á vangarda da súa época, con Cheverny inventouse a arquitectura á francesa na primeira metade do século XVII.
O castelo de Moulinsart
[editar | editar a fonte]Artigo principal: Moulinsart
Nas historietas As aventuras de Tintín do autor belga Hergé, o autor inspirouse no castelo de Cheverny para crear o castelo de Moulinsart[2] (traducido como Mansión Pasador), e é a residencia oficial do capitán Archibald Haddock, a cal aparece por primeira vez na banda deseñada O segredo do Alicorno.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ UNESCO Centre du patrimoine mondial (2000). Nations unies, ed. Val de Loire entre Sully-sur-Loire et Chalonnes. p. whc.unesco.org.; Mission Val de Loire (2006). Régions Centre et Pays de Loire, ed. Val de Loire - Périmètre du site inscrit au patrimoine mondial de l'UNESCO. p. www.valdeloire.org.
- ↑ Castelo de Moulinsart. E.tintin.tk.free.fr.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castelo de Cheverny |