Carpo
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Carpo (homónimos).
Carpo | ||
---|---|---|
Ósos do carpo Proximal: A: Escafoide, B: Semilunar, C: Piramidal, D : Pisiforme Distal: E: Trapecio, F: Trapezoide, G: Grande, H: Ganchudo | ||
Plano frontal a través das articulacións da man, amosando as cavidades sinoviais. | ||
Latín | ossa carpi |
En anatomía, o carpo é unha estrutura do membro superior humano, artellada cos ósos do antebrazo, é dicir, radio e cúbito. Está constituído por oito ósos, distribuídos en dúas fileiras, unha máis próxima ao antebrazo ou proximal, e outra máis preto dos dedos ou distal. A estrutura ósea móvese en conxunto, permitindo os diversos movementos do pulso.
Ósos do carpo
[editar | editar a fonte]Son oito ósos pequenos que se artellan entre si e co radio, cúbito e os ósos metacarpianos.
- Na ringleira proximal ou próxima ao antebrazo atopamos os seguintes ósos:
- Escafoide, con forma de barco. Posúe unha prominencia na superficie lateral do lado palmar que se dirixe cara a adiante.
- Semilunar, con forma de semilúa.
- Piramidal, con tres superficies.
- Pisiforme, que ten forma de chícharo. Está incluído dentro do tendón do músculo flexor cubital do carpo.
- Na ringleira distal ou próxima ao metacarpo atopamos outros catro ósos:
- Trapecio, que ao igual que o escafoide, presenta unha prominencia na superficie palmar.
- Trapezoide
- Grande
- Ganchudo
Os oito ósos artéllanse entre si, formando pequenas articulacións. En conxunto forman o pulso.