Carlos Garaikoetxea
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2014.) |
(2011) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (es) Carlos Garaikoetxea Urriza 2 de xuño de 1938 (86 anos) Pamplona, España |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
25 de novembro de 1998 – 20 de marzo de 2001 Lexislatura: VI lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Guipúscoa | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
30 de novembro de 1994 – 1 de setembro de 1998 Lexislatura: V lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Guipúscoa | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
18 de decembro de 1990 – 30 de agosto de 1994 Lexislatura: IV lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Guipúscoa | |
Eurodeputado | |
Representa: Eusko Alkartasuna 25 de xullo de 1989 – 14 de marzo de 1991 Lexislatura: III lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: España Electo en: eleccións ao Parlamento Europeo de 1989 | |
Eurodeputado | |
6 de xullo de 1987 – 14 de marzo de 1991 – Heribert Barrera → | |
Eurodeputado | |
Representa: Eusko Alkartasuna 6 de xullo de 1987 – 24 de xullo de 1989 Lexislatura: II lexislatura do Parlamento Europeo Circunscrición electoral: España | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
8 de xaneiro de 1987 – 24 de xullo de 1987 – Miren Agurne Irusta Estala → Lexislatura: III lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Guipúscoa | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
22 de marzo de 1984 – 21 de setembro de 1986 Lexislatura: II lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Guipúscoa | |
3º Lehendakari | |
9 de abril de 1980 – 2 de marzo de 1985 ← Jesús María de Leizaola – José Antonio Ardanza → | |
Deputado do Parlamento do País Vasco | |
31 de marzo de 1980 – 19 de xaneiro de 1984 Lexislatura: I lexislatura do Parlamento Vasco Circunscrición electoral: Guipúscoa | |
2º Presidente do Consello Xeral Vasco | |
9 de xuño de 1979 – 9 de abril de 1980 ← Ramón Rubial – Supresión do cargo → | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Deusto |
Actividade | |
Lugar de traballo | Estrasburgo Bruxelas Vitoria |
Ocupación | político, economista, avogado |
Partido político | Eusko Alkartasuna (1986–) Euzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco (1975–1986) Euzko Alderdi Jeltzalea - Partido Nacionalista Vasco |
Premios | |
| |
Carlos Garaikoetxea Urriza, nado en Pamplona o 2 de xuño de 1938, é un político e avogado vasco. Foi o segundo Lehendakari do Goberno Vasco, polo Partido Nacionalista Vasco, trala instauración da democracia e o primeiro elixido trala promulgación do Estatuto de Gernika (1980-1985). Foi o fundador e presidente de Eusko Alkartasuna. Reside en Zarautz (Guipúscoa).
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Naceu en Pamplona en 1938, no seo dunha familia de emigrantes do campo de condición humilde. Realizou os seus primeiros estudos no colexio iruñarra dos Escolapios. Licenciouse en Dereito e Económicas na Universidade de Deusto, viaxando posteriormente a Londres e a París co fin de ampliar a súa formación. Garaikoetxea non aprendeu éuscaro de neno, debido a que tan só o seu pai sabía falalo, e aprendeuno despois.
Trala súa volta a Euskadi traballou no sector privado, chegando a presidir a Cámara de Comercio e Industria de Navarra (1962-1972). Como representante desta institución, formou parte do Consello Foral de Navarra. Tralo seu paso polo Consello Foral, exerceu a avogacía até 1979, ó tempo en que ocupaba cargos no PNV, no que ingresou en 1975. Entre ese ano e 1980 foi dirixente do PNV en Navarra. En 1979 abandonou a avogacía para dedicarse a tempo completo á labor política. Entre 1977 e 1980 presidiu o máximo órgano do partido, o Euskadi Buru Batzar.
Nas eleccións municipais e forais de 1979 Garaikoetxea resultou elixido membro do Parlamento Foral de Navarra. En xuño dese mesmo ano foi nomeado presidente do Consello Xeral Vasco, substituíndo a Ramón Rubial. Trala aprobación do Estatuto de Guernica, foi elixido Lehendakari do Goberno Vasco en 1980, sendo reelixido en 1984 con 32 escanos. Un ano despois, foi substituído por José Antonio Ardanza por discrepancias coa dirección do seu partido.
Lehendakari do Goberno Vasco (1980-1985)
[editar | editar a fonte]O seu mandato caracterizouse pola construción do goberno e institucións autonómicas vascas. Así, tivo que despregar o estatuto. Entre as competencias asumidas atopábanse a orde pública, coa conseguinte creación dun corpo de policía autónoma (a Ertzaintza) en 1982, a creación do Servizo Vasco de Saúde (Osakidetza) en 1981, ou a creación da radiotelevisión vasca, EiTB, cunha primeira emisión o 27 de decembro de 1982. Unha etapa que se caracterizou pola austeridade no gasto gobernamental, ou a consecución do Concerto Económico vasco en 1981.
Durante o seu mandato tamén abriuse a posibilidade de sindicación ós funcionarios do Goberno Vasco, un asunto que foi moi polémico no seu día.
Creación do EA
[editar | editar a fonte]En 1986, tras moitas desavinzas coa dirección do PNV en relación coa Lei de Territorios Históricos, que debía delimitar as competencias do Goberno Vasco e as das Deputacións Forais dos territorios históricos da CAV, a expulsión de toda a organización navarra ou a expulsión en Vitoria do que chegaría a ser primeiro presidente de EA Manuel Ibarrondo, separouse do PNV para fundar Eusko Alkartasuna o 17 de setembro, partido que presidiu até 1999 e polo que resultou elixido deputado do Parlamento Vasco nas eleccións autonómicas de 1986, de 1990, de 1994 e 1998 (últimas eleccións ás que concorreu como candidato). De 1987 a 1991 foi deputado no Parlamento Europeo. Entre 1990 e 1991 foi o presidente de Alianza Libre Europea.
En novembro de 1999 retirouse da política activa, cedendo o testemuño a unha nova xeración de políticos, entre eles ó seu fillo Carlos que seguiu os seus pasos políticos e profesionais sendo na actualidade tamén dirixente de EA e avogado.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlos Garaikoetxea |
Predecesor: Ramón Rubial |
Presidente do Consello Xeral Vasco 1979–1980 |
Sucesor: Derradeiro presidente do Consello Xeral Vasco |
Predecesor: Jesús María de Leizaola |
Lehendakari 1980 - 1985 |
Sucesor: José Antonio Ardanza |
Predecesor: Manuel Ibarrondo |
Presidente de Eusko Alkartasuna 1986–1999 |
Sucesor: Begoña Errazti |
Predecesor: Jaak Vandemeulebroucke |
Presidente de Alianza Libre Europea 1990–1991 |
Sucesor: Jaak Vandemeulebroucke |
Predecesor: Ignacio Uncueta |
18º Presidente do Euskadi Buru Batzar 18 de xaneiro de 1977 – 18 de xaneiro de 1980 |
Sucesor: Xabier Arzalluz |