Carlo Caffarra
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xuño de 1938 Busseto, Italia |
Morte | 6 de setembro de 2017 (79 anos) Boloña, Italia |
Causa da morte | cancro de cerebro |
Cardeal | |
24 de marzo de 2006 – | |
Arcebispo metropolitano de Boloña | |
16 de decembro de 2003 – 27 de outubro de 2015 ← Giacomo Biffi – Matteo Maria Zuppi → Diocese: Arquidiocese de Bolonha (pt) | |
Arcebispo de Ferrara-Comacchio | |
8 de setembro de 1995 – ← Luigi Maverna (pt) – Paolo Rabitti → Diocese: Arquidiocese de Ferrara-Comacchio (pt) | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Pontificia Universidade Gregoriana Universidade Católica do Sagrado Corazón |
Actividade | |
Campo de traballo | Teoloxía moral e Ética |
Ocupación | bispo católico (1995–), sacerdote católico (1961–), profesor universitario, Arcebispo, teólogo |
Membro de | |
Consagración | Giacomo Biffi |
Participou en | |
marzo de 2013 | conclave de 2013 |
Premios | |
Carlo Caffarra, nado o 1 de xuño de 1938 en Samboseto (concello de Busseto, na provincia de Parma (Italia)) e finado o 6 de setembro de 2017 en Boloña, foi un cardeal da Igrexa Católica, arcebispo de Boloña dende 2003.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Carlo Caffarra naceu o 1 de xuño de 1938 en Samboseto, unha localidade do concello de Busseto (hoxe na provincia de Parma, Emilia-Romaña). O 2 de xullo de 1961 foi ordenado sacerdote da diocese de Fidenza polo bispo Guglielmo Bosetti.
O 8 de setembro de 1995 foi nomeado arcebispo de Ferrara-Comacchio. Recibiu a consagración episcopal o 21 de outubro, de mans do arcebispo de Boloña Giacomo Biffi, e tendo como co-consagrantes a Giovanni Battista Re e a Carlo Poggi.
O 16 de decembro de 2003 foi nomeado arcebispo de Boloña polo papa Xoán Paulo II. No consistorio do 24 de marzo de 2006 o papa Bieito XVI creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de San Giovanni Battista dei Fiorentini.
Obra
[editar | editar a fonte]- Teologia morale fondamentale. Roma: Istituto di Teologia per Corrispondenza del Centro "Ut unum sint". 1972.
- I fini del matrimonio nel diritto romano. Roma: Pontificia Universidade Gregoriana. 1974.
- La prassi cristiana nella teologia del XX secolo. Asís: Cittadella editrice. 1976.
- Viventi in Cristo. edicións en inglés (1987) e castelán (1988). Milán: Jaca Book. 1981.
- Il valore morale del lavoro umano. Catania: La Traccia. 1982.
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Ignatius Press, ed. (2014). Remaining in the Truth of Christ: Marriage and Communion in the Catholic Church. Xunto con Raymond Leo Burke, Cyril Vasiľ, Walter Brandmüller, Velasio De Paolis, Robert Dodaro, Gerhard Ludwig Müller, Paul Mankowski e John M. Rist.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Luigi Maverna |
Arcebispo de Ferrara-Comacchio 1995 - 2003 |
Sucesor: Paolo Rabitti |
Predecesor: Giacomo Biffi |
Arcebispo de Boloña 2003 - actualidade |
Sucesor: (no cargo) |