Carcinoma lobular invasivo
O carcinoma lobular invasivo é un carcinoma con orixe nos acinos glandulares das glándulas mamarias, cuxas células proliferan rompendo a membrana basal e infiltrando os tecidos adxacentes. É dicir, no carcinoma lobular infiltrante, o cancro espállase dende os lóbulos mamarios até o tecido normal circundante. Este tipo de cancro representa arredor do 5% de tódolos cancros malignos.[1] A idade das mulleres ás que se diagnostica este cancro con maior frecuencia é entre os 45 e os 56 anos, aínda que se verifican casos en practicamente todas as idades, entre os 28 e os 86 anos.[2]
Representa o 5-10% do total de cancros de mama.[3][4][5]
A miúdo, o carcinoma lobular infiltrante pode atoparse en máis dunha rexión do mesmo seo (multicéntrico) ou ben en ambos os seos (bilateral), isto último entre 6 e 28%.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rodríguez Costa, Julio; Vázquez, Domingo de Agustín. Punción aspiración con aguja fina de órganos superficiales y profundos. Ediciones Díaz de Santos. ISBN 84-7978-289-7.
- ↑ Rosen, Paul Peter; Hoda, Syed A. "Invasive Lobular Carcinoma". Breast Pathology: Diagnosis by Needle Core Biopsy (en inglés). Mc Millan Co. ISBN 978-1-60831-670-0.
- ↑ Pointon, K.S.; Cunningham, D.A. "Ultrasound findings in pure invasive lobular carcinoma of the breast: comparison with matched cases of invasive ductal carcinoma of the breast" (4). PMID 14731438. doi:10.1054/brst.1999.0042.
- ↑ Boughey, J.C.; Wagner ,J.; Garrett, B.J.; et al. "Neoadjuvant Chemotherapy in Invasive Lobular Carcinoma May Not Improve Rates of Breast Conservation" (6). PMID 19280264. doi:10.1245/s10434-009-0402-z.
- ↑ Díaz-Rubio, Eduardo; García-Conde, Javier. Oncología clínica básica. Arán Ediciones. ISBN 84-86725-60-7.
[...] comprende aproximadamente el 10% de los cánceres de mama [...] mayor proporción de tumores multicéntricos, que se manifiestan en la misma mama o en la contralateral.
- ↑ Siegelman, Evan S. Resonancia magnética: tórax, abdomen y pelvis, aplicaciones clínicas. Editorial Médica Panamericana. ISBN 978-950-06-0445-1.
[...]dificultad para reconocer el tumor, en forma clínica o mamográfica [...] presenta una tendencia elevada hacia la bilateralidad (entre 6 y 28%) [...] la RM (resonancia magnética) es más precisa para definir la extensión histológica del cáncer lobulillar invasor resecado en comparación con la mamografía.