Campus
Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Un campus[1] é o conxunto de terreos e edificios que pertencen a unha universidade. O termo provén do inglés campus, e este á súa vez do latín campus, chaira. Empezouse a utilizar en español a mediados do século XX e é invariable en plural. Tamén formalmente chamado "recinto universitario".
O campus inclúe todas as propiedades dunha universidade, incluído o conxunto de edificios que a forman. Xeralmente un campus inclúe as bibliotecas, as facultades e escolas, as aulas, as residencias para os estudantes, as zonas deportivas e as áreas de esparexemento como cafetarías, tendas, xardíns e parques.
Historia
[editar | editar a fonte]A palabra comezouse a utilizar durante as primeiras décadas do século XVIII para describir un espazo urbano particular do College of New Jersey (actual Universidade de Princeton), seguindo a tradición medieval dos colexios maiores europeos de estudar, vivir e traballar en claustros exclusivos. Outras universidades adoptaron logo o termo para describir terreos concretos nas súas propias institucións, pero aínda a palabra campus non describía a totalidade das propiedades universitarias. É no século XX cando o significado expándese realmente, para englobar o conxunto de edificios universitarios de servizos, docencia e investigación e os terreos que os engloban.
Un dos primeiros campus modernos de España foi o da Cidade Universitaria de Madrid, creado para a entón Universidade Central (a actual Universidade Complutense de Madrid), promovido polo rei Afonso XIII a semellanza dos campus británicos que se atopaban en pleno auxe.
Por extensión, nalgunhas universidades, os servizos de intranet ou Internet, que completan a infraestrutura docente, reúnense nos chamados campus virtuais.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para campus.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Campus |