Saltar ao contido

Campo da Leña (A Coruña)

Cuartel de Atocha.

O campo da Leña é unha zona urbana da cidade da Coruña situado entre os seus dous barrios, a Cidade Vella e A Pescaría.[1] Actualmente está dividido en dúas prazas: a praza de España e a praza das Atochas. É un dos puntos fundamentais do barrio de Monte Alto.[2]

Monumento a Baltasar Pardal.
Monumento a Porlier.

O campo da Leña era no que se celebraban mercados de forma regular.[3] O nome proviña das mulleres que vendían alí a leña que recollían.[2] Por este motivo a principios do século XX chegouse a formular a idea de construír nesta zona o novo mercado en lugar de en Santo Agostiño.[3]

No mesmo lugar tiñan lugar ademais execucións, polo que tamén recibía o nome popular de “campo da Forca”.[4][5] Alí foi executado Juan Díaz Porlier en 1815, que é lembrado nun monumento de Francisco Escudero[6] inaugurado en 1986[7][8] e que foi resituado en 2011.[9]

A construción na década de 1940 dun edificio dividiu o campo en dúas partes,[1] bautizadas como “praza de España” e “praza de Millán-Astray”, na que se colocou un monumento a este xeneral que foi retirado o 22 de xaneiro de 2010.[10] En 2011, coa reforma da área recuperouse a nomenclatura “campo da Leña”.[9]

En 2015 cambiouse o nome da praza de Millán-Astray polo de “praza das Atochas”.[11]

A rúa que arrodea o colexio Grande Obra da Atocha foi bautizada en 1999 como Baltasar Pardal Vidal, que fundou a institución e do que tamén existe un monumento.[12]

O campo da Leña, no que remata a rúa da Torre é un dos puntos fundamentais do entroido da Coruña.[13] Como homenaxe a esta festa e ao San Xoán, en 2021 colocouse na zona a escultura "Sardiña", de Miguel Couto.[14]

Arquitectura

[editar | editar a fonte]

Na praza das Atochas ten a súa fachada principal o cuartel de Atocha, construído en 1864.[15][16]

Entre os edificios catalogados no campo da Leña están:[17]

No campo da Leña existiu ata 1947 unha capela dedicada a San Roque,[18][19] con fachada na rúa do Hospital.[20]

  1. 1,0 1,1 "Recuperación do Campo da Leña". COAG. 27/03/2014. Consultado o 16/02/2021. 
  2. 2,0 2,1 "Monte Alto: legado cultural". Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2016. Consultado o 12 de setembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 Garrote Recarey, María (2011). "A Coruña 1900: la eclosión de la ciudad moderna" (PDF). Minius (en castelán) (Ourense) (19): 201–229. ISSN 1131-5989. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03-10-2016. Consultado o 12-9-2016. 
  4. Nombres de quita y pon
  5. Rivas, Manuel (1-7-2007). "O librepensamento coruñés". El País. Consultado o 12-9-2016. 
  6. Francisco Escudero. Escultor
  7. "Jefe de guerrillas en León durante la ocupación napoleónica". Arquivado dende o orixinal o 19 de setembro de 2016. Consultado o 12 de setembro de 2016. 
  8. Porlier revive en el Campo da Leña
  9. 9,0 9,1 Ayer y hoy del Campo da Leña
  10. El concello de A Coruña retira la estatua de Millán Astray
  11. La plaza de Millán Astray ya es oficialmente Praza das Atochas
  12. Baltasar Pardal: Una vida dedicada a la Grande Obra
  13. O Entroido, unha "festa intocable" da cidadanía coruñesa
  14. "O Concello instala a escultura "Sardiña" para homenaxear as nosas festas máis senlleiras". Concello da Coruña. 12/02/2021. Consultado o 16/02/2021. 
  15. Patrimonio galego
  16. "Ficha en Turgalicia". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2016. Consultado o 12 de setembro de 2016. 
  17. "Modificación Pepri – Aprobación definitiva". Concello da Coruña. xaneiro de 2015. Consultado o 13 de febreiro de 2016. 
  18. Coumes-Gay, Antonio (1877). Guía de La Coruña (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 06-03-2016. Consultado o 12-9-2016. 
  19. La desaparecida ermita de San Roque
  20. García Cortés, Carlos (2011). Templos coruñeses (en castelán). A Coruña: Xerión. p. 215-216. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]