Saltar ao contido

Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1996

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1996
Imaxe
TipoFórmula 1 Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo Editar o valor en Wikidata
OrganizadorFederación Internacional do Automóbil Editar o valor en Wikidata
Número de participantes24 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Intervalo de tempo10 de marzo de 1996 – 13 de outubro de 1996 Editar o valor en Wikidata
Número de edición47  (1996) Editar o valor en Wikidata
Competición

Campionato do Mundo de Construtores WilliamsF1
Campionato do Mundo de pilotos de Fórmula 1 Damon Hill
Editar o valor en Wikidata
Datos estatísticos
Carreires16 Editar o valor en Wikidata

1995 Editar o valor en Wikidata
1997Editar o valor en Wikidata
Damon Hill gañou o campionato con Williams.
O compañeiro de Hill, Jacques Villeneuve (foto de 2002), rematou segundo no seu primeiro ano na F1
Michael Schumacher remotou terceiro con Scuderia Ferrari.

O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1996 foi a 47ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), e a 39ª Copa Internacional de Construtores de F1. O campionato contou con dezaseis Grandes Premios que se iniciaron o 10 de marzo e finalizaron o 13 de outubro.

Damon Hill gañou o campionato de pilotos, dous anos despois de ser batido por un punto por Michael Schumacher, converténdose no único fillo dun campión do mundo que gañou o título. Hill, quen terminara segundo nas dúas últimas tempadas, viuse seriamente ameazado unicamente polo seu compañeiro de equipo, o recentemente chegado Jacques Villeneuve. Williams Renault gañou facilmente o título de Construtores, xa que non había ningún competidor o suficientemente forte como para desafalo durante todo o campionato. Foi tamén o principio do fin do dominio da década de 1990 de Williams, xa que Hill e o deseñador Adrian Newey marcharon á conclusión da tempada, e o fabricante de motores Renault deixouno tamén a partir de 1997.

O dúas veces campión Schumacher marchou a Ferrari que a pesar dos numerosos problemas de fiabilidade, desenvolveron gradualmente un equipo de primeira a finais da tempada. O defensor do Campionato de Construtores, Benetton Renault, comezou o seu declive cara á metade da grella, ao perder o persoal clave coa saída de Schumacher, e non puido gañar unha carreira. Olivier Panis logrou a única vitoria da súa carreira no Gran Premio de Mónaco.

Equipos e pilotos

[editar | editar a fonte]

Abandonouse o sistema de numeración utilizado desde 1974. A Ferrari déuselle os números 1 e 2 logo da contratación do actual campión Michael Schumacher. Benetton recibiu os números 3 e 4 por gañar o Campionato de Construtores. Williams conseguiu os números 5 e 6 por terminar segundo, McLaren conseguiu o 7 e 8 por terminar cuarto, Ligier o 9 e 10 por terminar quinto, e así sucesivamente. O defensor do campionato de construtores, Benetton, converteuse oficialmente nun construtor italiano, aínda que seguiu coa base en Gran Bretaña.

Foto Equipo Construtor Chasis Motor Pneu. Piloto Carreiras Piloto de probas
Italia Scuderia Ferrari SpA Ferrari F310 Ferrari 046 3.0 V10 G 1 Alemaña Michael Schumacher Todas Italia Nicola Larini
2 Eddie Irvine Todas
Italia Mild Seven Benetton Renault Benetton B196 Renault RS8 3.0 V10 G 3 Francia Jean Alesi Todas Italia Vincenzo Sospiri
Allan McNish
4 Austria Gerhard Berger Todas
Rothmans Williams Renault Williams FW18 Renault RS8 3.0 V10 G 5 Damon Hill Todas Francia Jean-Christophe Boullion
6 Jacques Villeneuve Todas
Marlboro McLaren Mercedes McLaren MP4/11
MP4/11B
Mercedes FO 110/3 3.0 V10 G 7 Finlandia Mika Häkkinen Todas Dinamarca Jan Magnussen
Alemaña Ralf Schumacher
8 David Coulthard Todas
Francia Equipe Ligier Gauloises Blondes Ligier JS43 Mugen-Honda MF-301 HA 3.0 V10 G 9 Francia Olivier Panis Todas Kelvin Burt
10 Pedro Diniz Todas
B&H Total Jordan Peugeot Jordan 196 Peugeot A12 EV5 3.0 V10 G 11 Rubens Barrichello Todas Italia Gianni Morbidelli
12 Martin Brundle Todas
Suíza Red Bull Sauber Ford Sauber C15 Ford JD Zetec-R 3.0 V10 G 14 Johnny Herbert Todas Norberto Fontana
15 Alemaña Heinz-Harald Frentzen Todas
Footwork Hart Footwork FA17 Hart 830 3.0 V8 G 16 Ricardo Rosset Todas Kenny Bräck
17 Países Baixos Jos Verstappen Todas
Tyrrell Yamaha Tyrrell 024 Yamaha OX11A 3.0 V10 G 18 Ukyo Katayama Todas Francia Emmanuel Collard
19 Finlandia Mika Salo Todas
Italia Minardi Team SpA Minardi M195B Ford EDM2 3.0 V8
Ford EDM3 3.0 V8
G 20 Portugal Pedro Lamy Todas Tarso Marques
Italia Giovanni Lavaggi
21 Italia Giancarlo Fisichella 1, 4-10
Tarso Marques 2-3
Italia Giovanni Lavaggi 11-16
Italia Forti Grand Prix Forti FG01B
FG03
Ford ECA Zetec-R 3.0 V10 G 22 Italia Luca Badoer 1-10 Francia Franck Lagorce
23 Italia Andrea Montermini 1-10

Forti Grand Prix declarouse en quebra despois do GP de Gran Bretaña e deixou de participar no campionato.

Cambios de pilotos

[editar | editar a fonte]

Cambios a metade de tempada

[editar | editar a fonte]

Grandes Premios

[editar | editar a fonte]
Rnd Carreira Data Circuíto Pole Position Volta rápida Piloto gañador Construtor Resultados
1 Australia Gran Premio de Australia 10 de marzo Melbourne Grand Prix Circuit Jacques Villeneuve Jacques Villeneuve Damon Hill Williams-Renault Resultados
2 Gran Premio do Brasil 31 de marzo Autódromo José Carlos Pace Damon Hill Damon Hill Damon Hill Williams-Renault Resultados
3 Gran Premio da Arxentina 7 de abril Autódromo Oscar Alfredo Gálvez Damon Hill Francia Jean Alesi Damon Hill Williams-Renault Resultados
4 Unión Europea Gran Premio de Europa 28 de abril Nürburgring Damon Hill Damon Hill Jacques Villeneuve Williams-Renault Resultados
5 Gran Premio de San Marino 5 de maio Autódromo Enzo e Dino Ferrari Alemaña Michael Schumacher Damon Hill Damon Hill Williams-Renault Resultados
6 Gran Premio de Mónaco 19 de maio Circuíto de Mónaco, Alemaña Michael Schumacher Francia Jean Alesi Francia Olivier Panis Francia Ligier-Mugen-Honda Resultados
7 España Gran Premio de España 2 de xuño Circuíto de Cataluña Damon Hill Alemaña Michael Schumacher Alemaña Michael Schumacher Italia Ferrari Resultados
8 Gran Premio do Canadá 16 de xuño Circuíto Gilles Villeneuve Damon Hill Jacques Villeneuve Damon Hill Williams-Renault Resultados
9 Francia Gran Premio de Francia 30 de xuño Circuíto de Nevers Magny-Cours Alemaña Michael Schumacher Jacques Villeneuve Damon Hill Williams-Renault Resultados
10 Gran Premio do Reino Unido 14 de xullo Circuíto de Silverstone Damon Hill Jacques Villeneuve Jacques Villeneuve Williams-Renault Resultados
11 Alemaña Gran Premio de Alemaña 28 de xullo Hockenheimring Damon Hill Damon Hill Damon Hill Williams-Renault Resultados
12 Hungría Gran Premio de Hungría 11 de agosto Hungaroring Alemaña Michael Schumacher Damon Hill Jacques Villeneuve Williams-Renault Resultados
13 Bélxica Gran Premio de Bélxica 25 de agosto Circuíto de Spa-Francorchamps Jacques Villeneuve Austria Gerhard Berger Alemaña Michael Schumacher Italia Ferrari Resultados
14 Italia Gran Premio de Italia 8 de setembro Autodromo Nazionale Monza Damon Hill Alemaña Michael Schumacher Alemaña Michael Schumacher Italia Ferrari Resultados
15 Portugal Gran Premio de Portugal 22 de setembro Autódromo do Estoril Damon Hill Jacques Villeneuve Jacques Villeneuve Williams-Renault Resultados
16 Gran Premio do Xapón 13 de outubro Circuíto de Suzuka Jacques Villeneuve Jacques Villeneuve Damon Hill Williams-Renault Resultados

Cambios nas regras

[editar | editar a fonte]

O horario de fin de semana foi cambiado para a tempada de 1996 en comparación coa empada de 1995. O número de sesións de adestramentos libres aumentou de dous a tres e o número de voltas asignadas para cada día aumentou de 23 a 30. Ademais, para aumentar o espectáculo, a sesión de cualificación do venres foi eliminada, e substituída por só unha sesión de cualificación, celebrada o sábado pola tarde.

O antigo sistema de ter unha luz vermella e verde para iniciar a carreira foi substituído polo actual sistema de cinco luces vermellas que prenden en forma individual e logo prenden todas para empezar a carreira.

Este ano produciuse a introdución da norma do '107% ', o que significa que todos os coches tiñan que estar dentro do 107% do tempo da pole position co fin de cualificar para a carreira.

En 1996 tamén foi adoptado un novo sistema de numeración para os coches. Anteriormente, o equipo do actual piloto campión simplemente cambiaba o número dos automóbiles co equipo do anterior piloto campión para levar os números 1 e 2, con todo os outros equipos conservaban os seus números actuais. En 1996, ao actual piloto campión déuselle o número 1 e ao seu compañeiro de equipo, o número 2 co resto dos equipos numerados na orde da súa posición final no Campionato de Construtores do ano anterior. A todos os equipos novos asignáronse os números seguintes.

Resultados do campionato

[editar | editar a fonte]

Campionato de Pilotos

[editar | editar a fonte]
Pos.[1] Piloto AUS
Australia
BRA
ARX
EUR
Unión Europea
SMR
MON
ESP
España
CAN
FRA
Francia
RU
ALE
Alemaña
HUN
Hungría
BEL
Bélxica
ITA
Italia
POR
Portugal
XPN
Puntos
1 Damon Hill 1 1 1 4 1 Ret Ret 1 1 Ret 1 2 5 Ret 2 1 97
2 Jacques Villeneuve 2 Ret 2 1 11 Ret 3 2 2 1 3 1 2 7 1 Ret 78
3 Alemaña Michael Schumacher Ret 3 Ret 2 2 Ret 1 Ret NTS Ret 4 9 1 1 3 2 59
4 Francia Jean Alesi Ret 2 3 Ret 6 Ret 2 3 3 Ret 2 3 4 2 4 Ret 47
5 Finlandia Mika Häkkinen 5 4 Ret 8 8 6 5 5 5 3 Ret 4 3 3 Ret 3 31
6 Austria Gerhard Berger 4 Ret Ret 9 3 Ret Ret Ret 4 2 13 Ret 6 Ret 6 4 21
7 David Coulthard Ret Ret 7 3 Ret 2 Ret 4 6 5 5 Ret Ret Ret 13 8 18
8 Rubens Barrichello Ret Ret 4 5 5 Ret Ret Ret 9 4 6 6 Ret 5 Ret 9 14
9 Francia Olivier Panis 7 6 8 Ret Ret 1 Ret Ret 7 Ret 7 5 Ret Ret 10 7 13
10 Eddie Irvine 3 7 5 Ret 4 7 Ret Ret Ret Ret Ret Ret Ret Ret 5 Ret 11
11 Martin Brundle Ret 12 Ret 6 Ret Ret Ret 6 8 6 10 Ret Ret 4 9 5 8
12 Alemaña Heinz-Harald Frentzen 8 Ret Ret Ret Ret 4 4 Ret Ret 8 8 Ret Ret Ret 7 6 7
13 Finlandia Mika Salo 6 5 Ret DSC Ret 5 DSC Ret 10 7 9 Ret 7 Ret 11 Ret 5
14 Johnny Herbert Ret Ret 9 7 Ret 3 Ret 7 DSC 9 Ret Ret Ret 9 8 10 4
15 Pedro Diniz 10 8 Ret 10 7 Ret 6 Ret Ret Ret Ret Ret Ret 6 Ret Ret 2
16 Países Baixos Jos Verstappen Ret Ret 6 Ret Ret Ret Ret Ret Ret 10 Ret Ret Ret 8 Ret 11 1
NC Ukyo Katayama 11 9 Ret DSC Ret Ret Ret Ret Ret Ret Ret 7 8 10 12 Ret 0
NC Ricardo Rosset 9 Ret Ret 11 Ret Ret Ret Ret 11 Ret 11 8 9 Ret 14 13 0
NC Italia Giancarlo Fisichella Ret 13 Ret Ret Ret 8 Ret 11 0
NC Portugal Pedro Lamy Ret 10 Ret 12 9 Ret Ret Ret 12 Ret 12 Ret 10 Ret 16 12 0
NC Italia Luca Badoer NSC 11 Ret NSC 10 Ret NSC Ret Ret NSC 0
NC Italia Giovanni Lavaggi NSC 10 NSC Ret 15 NSC 0
NC Italia Andrea Montermini NSC Ret 10 NSC NSC NTS NSC Ret Ret NSC 0
NC Tarso Marques Ret Ret 0
Pos Piloto AUS
Australia
BRA
ARX
EUR
Unión Europea
SMR
MON
ESP
España
CAN
FRA
Francia
RU
ALE
Alemaña
HUN
Hungría
BEL
Bélxica
ITA
Italia
POR
Portugal
XPN
Puntos
Lenda
Cor Resultado
Ouro Gañador
Prata 2º posto
Bronce 3º posto
Verde Remata nos puntos
Azul Non remata nos puntos
Non se califica (NC)
Púrpura Non remata (Ret)
Vermello Non se califica (NSC)
Non se precalifica (NSPC)
Negro Descualificado (DSC)
Branco Non tomou a saída (NTS)
Carreira cancelada (C)
Azul claro Prácticas só (PS)
Piloto de probas dos venres (PP)
(desde 2003 en diante)
En branco Non participou nas prácticas (NPP)
Excluído (EX)
Non chegou (NCG)

Negra – Pole
Cursiva – Volta rápida
† Condutores que non terminaron o Gran Premio, pero se clasificaron ao completar máis do 90% da distancia de carreira.

Os puntos do Campionato de Pilotos concédense sobre unha base 10-6-4-3-2-1 aos seis primeiros clasificados de cada carreira.

Campionato de Construtores

[editar | editar a fonte]
Williams Renault gañou o campionato de construtores co FW18
Ferrari o segundo lugar no campionato de construtores co F310
Pos. Construtor Coche
AUS
Australia
BRA
ARX
EUR
Unión Europea
SMR
MON
ESP
España
CAN
FRA
Francia
RU
ALE
Alemaña
HUN
Hungría
BEL
Bélxica
ITA
Italia
POR
Portugal
XPN
Puntos
1 Williams-Renault 5 1 1 1 4 1 Ret Ret 1 1 Ret 1 2 5 Ret 2 1 175
6 2 Ret 2 1 11 Ret 3 2 2 1 3 1 2 7 1 Ret
2 Italia Ferrari 1 Ret 3 Ret 2 2 Ret 1 Ret NTS Ret 4 9 1 1 3 2 70
2 3 7 5 Ret 4 7 Ret Ret Ret Ret Ret Ret Ret Ret 5 Ret
3 Italia Benetton-Renault 3 Ret 2 3 Ret 6 Ret 2 3 3 Ret 2 3 4 2 4 Ret 68
4 4 Ret Ret 9 3 Ret Ret Ret 4 2 13 Ret 6 Ret 6 4
4 McLaren-Mercedes 7 5 4 Ret 8 8 6 5 5 5 3 Ret 4 3 3 Ret 3 49
8 Ret Ret 7 3 Ret 2 Ret 4 6 5 5 Ret Ret Ret 13 8
5 Jordan-Peugeot 11 Ret Ret 4 5 5 Ret Ret Ret 9 4 6 6 Ret 5 Ret 9 22
12 Ret 12 Ret 6 Ret Ret Ret 6 8 6 10 Ret Ret 4 9 5
6 Francia Ligier-Mugen-Honda 9 7 6 8 Ret Ret 1 Ret Ret 7 Ret 7 5 Ret Ret 10 7 15
10 10 8 Ret 10 7 Ret 6 Ret Ret Ret Ret Ret Ret 6 Ret Ret
7 Suíza Sauber-Ford 14 Ret Ret 9 7 Ret 3 Ret 7 DSC 9 Ret Ret Ret 9 8 10 11
15 8 Ret Ret Ret Ret 4 4 Ret Ret 8 8 Ret Ret Ret 7 6
8 Tyrrell-Yamaha 16 6 5 Ret DSC Ret 5 DSC Ret 10 7 9 Ret 7 Ret 11 Ret 5
17 11 9 Ret DSC Ret Ret Ret Ret Ret Ret Ret 7 8 10 12 Ret
9 Footwork-Hart 18 Ret Ret 6 Ret Ret Ret Ret Ret Ret 10 Ret Ret Ret 8 Ret 11 1
19 9 Ret Ret 11 Ret Ret Ret Ret 11 Ret 11 8 9 Ret 14 13
Italia Minardi-Ford 20 Ret 10 Ret 12 9 Ret Ret Ret 12 Ret 12 Ret 10 Ret 16 12 0
21 Ret Ret Ret 13 Ret Ret Ret 8 Ret 11 NSC 10 NSC Ret 15 NSC
Italia Forti-Ford 22 NSC 11 Ret NSC 10 Ret NSC Ret Ret NSC 0
23 NSC Ret 10 NSC NSC NTS NSC Ret Ret NSC
Pos Construtor Coche
AUS
Australia
BRA
ARX
EUR
Unión Europea
SMR
MON
ESP
España
CAN
FRA
Francia
RU
ALE
Alemaña
HUN
Hungría
BEL
Bélxica
ITA
Italia
POR
Portugal
XPN
Puntos

Os puntos do Campionato de Construtores concédense sobre unha base 10-6-4-3-2-1 aos seis primeiros clasificados de cada carreira.

  1. FIA Drivers Championship points Retrieved on 9 June 2011

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]