O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1983 foi a 34ª tempada de Fórmula 1 organizada pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA), e a 26ª Copa Internacional de construtores de F1. O campionato contou con quince Grandes Premios que se iniciaron o 13 de marzo e finalizaron o 15 de outubro.
Nelson Piquet gañou o campionato do Mundo de Pilotos de 1983, o seu segundo título na Fórmula Un e o primeiro en ser gañado por un piloto cun motor turboalimentado. O campionato de Construtores foi gañado por Ferrari. 1983 foi a última tempada na que se celebrou unha carreira carreira de Fórmula 1 non válida para o campionato: a carreira de Campións de Brands Hatch, gañou Keke Rosberg con Williams.
Un cambio importante nos regulamentos técnicos ordenou un protector baixo o piso dos coches,[1] coa prohibición total d efecto chan, tecnoloxía usada por primeira vez polo Lotus 78 en 1977. Isto fíxose para reducir a carga aerodinámica e a velocidade nas curvas, que se consideraba que alcanzaran niveis perigosos en 1982, unha tempada na que se produciron varios accidentes violentos e mortais.
Orixinalmente estaba programada unha carreira no calendario chamada o Gran Premio de Nova York, que se supoñía que se celebraría en setembro, nun circuíto temporal en Flushing Meadow no barrio de Queens da cidade; pero logo dalgúns problemas, o evento foi cancelado 10 semanas antes de que fóra a celebrarse e foi substituído polo Gran Premio de Europa en Brands Hatch.
O Gran Premio de Suíza foi orixinalmente programado para o 9 de xullo en Dijon pero foi cancelado.[2]