Calisto I, papa
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Roma, Italia |
Morte | c. 222 Roma, Italia |
Causa da morte | veleno |
Lugar de sepultura | basílica de Santa María en Trastevere |
16º Papa | |
218 (Gregoriano) – 222 (Gregoriano) ← Ceferino – Urbano I → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | sacerdote católico |
Período de tempo | Imperio Romano |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 14 de outubro |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron The Nuttall Encyclopædia >>>:Calixtus I. |
Calisto I,[1] chamado logo san Calisto, nado probablemente en Rávena[2] e morto seguramente en Roma en 222, foi bispo cristián de Roma entre o 217 e o 223.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Debido fundamentalmente ao seu rival Hipólito e á súa obra os Philosophymena, sábense algúns datos da vida de Calisto I antes de ser papa, se ben esas informacións merecen a cautela de proviren dunha fonte moi parcial. Segundo este, Calisto, que procedía dunha familia grega fora un escravo encargado de custodiar unha importante cantidade de diñeiro do seu amo, o oficial do goberno Carpóforo e doutros socios cristiáns del, e que, sen que se conten as razóns, perdeu eses cartos. Fuxiu a Roma, foi apreixado en Ostia e condenado á tortura do muíño. Absolto por petición das súas vítimas, foi detido logo dunha liorta nunha sinagoga, supostamente tamén por motivos económicos. Condenado a traballar nas minas de Sardeña, foi liberado pola amnistía cristiá de Cómodo.
Cando Ceferino accede ao pontificado, noméao axudante e conselleiro, e encárgao das obras das catacumbas da vía Apia, chamadas logo o camposanto de Calisto, e onde foron soterrados a maior parte dos papas dende o seu predecesor Ceferino ata Eutiquiano. Probablemente estas terras foron o primeiro patrimonio inmoble da Igrexa[3]. Ceferino ademais nomeouno diácono.
Pontificado
[editar | editar a fonte]Como continuación do papado de Ceferino, o feito máis destacado do labor de Calisto foi o conflito con Hipólito, o primeiro teólogo que desafiou abertamente e con todas as consecuencias a autoridade do bispo de Roma. As disputas orixináronse por discrepancias na interpretación da Trindade (mentres Hipólito consideraba que as tres persoas eran divinas, Ceferino e Calisto I estimaban que só era deus a primeira delas), pero estendéronse durante o papado de Calisto a unha cuestión social: o perdón dos pecados. Calisto I decidiu que os pecados de asasinato, adulterio e fornicación fosen perdoábeis tantas veces como fose necesario, mentres que Hipólito era partidario de manter a tradición de que eses pecados só se disculpaban unha vez na vida e logo dun acto de contrición públicas (os reincidentes eran excomungados). No marco desta polémica é doado entender por que Hipólito relata con precisión os delitos cometidos por Calisto I antes de ser papa.
Ademais, Calisto I permitiu, en contra de Hipólito, que os cregos e bispos casasen de segundas e recoñeceu o matrimonio entre mulleres patricias e homes plebeos ou escravos como lexítimos, así como decidiu que os bispos non debían perder o seu cargo por cometeren pecado mortal. Hipólito cualificou a Calisto de herexe e excomungouno, e Calisto fixo o propio con Hipólito, que se coroou como bispo de Roma (e a quen a historia considera como primeiro antipapa).
Calisto I tamén tivo que enfrontar o montanismo de Tertuliano, principalmente en África.
Morte e santidade
[editar | editar a fonte]Como todos os papas anteriores ao edicto de Milán, foi considerado santo. Tamén se ten sinalado que foi mártir, e aínda que non está demostrado, parece probable que o fose logo dun levantamento popular: foi recollido como mártir dende os primeiros textos (a diferenza dos papas anteriores, agás Pedro), e na súa tumba, atopada na vía Aurelia en 1960 e supostamente construída por Xulio I, descríbese con texto e imaxes o seu martirio: morto a mocazos, botárono a un pozo onde logo se construíu a igrexa de Santa María de Trastevere. A súa festa é o 14 de outubro.
Parroquias en Galicia
[editar | editar a fonte]Non hai ningunha parroquia galega baixo a avogación de san Calisto.
Iconografía
[editar | editar a fonte]San Calisto represéntase habitualmente cunha túnica vermella e unha tiara; tamén cando o guindan a un pozo ou preto dunha fonte.