Calandriña común
Calandriña común | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Calandrella brachydactyla' (Leisler, 1814) |
A calandriña común[2] ou calandriña[3] (Calandrella brachydactyla) é un paxaro da familia dos aláudidos máis pequeno cá calandra. Na parte superior é de cor castaña agrisada con manchas escuras. Na parte inferior é branca. Ten unha marca superciliar pálida, manchas escuras a cada lado do colo e rabo escura. Ten un bico moi apuntado. A plumaxe é similar en ambos sexos.
Distribución xeográfica e hábitat
[editar | editar a fonte]A (Calandrella brachydactyla) habita no sur de Europa, noroeste de África, e en areas temperadas de Asia, dende Turquía e o sur de Rusia a Mongolia. Esporadicamente a parece no leste de Europa.
Reprodución e alimentación
[editar | editar a fonte]Fai os niños no chan, nos que pon dous ou tres ovos. Os polos deixan o niño antes de empezaren a voar. Aliméntase de sementes e insectos, estes últimos son un alimento máis habitual na época de cría.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Calandriña común |
- ↑ BirdLife International (2012). "Calandrella brachydactyla". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 November 2013.
- ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
- ↑ Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016.