CRC Pozuelo
Nome | Club de Rugby CRC Pozuelo | ||
---|---|---|---|
Alcume(s) | Canoe, piratas | ||
Fundación | 1963 "Canoe" / 2002 "CRC" | ||
Sede | Pozuelo de Alarcón | ||
Estadio(s) | Valle de las Cañas | ||
Capacidade | 500 asentos espectadores | ||
Presidente | Javier Balmaseda | ||
Adestrador | “Miki” Puerta” | ||
Liga(s) | División de Honra | ||
2023-24 | 10º | ||
| |||
Na rede | |||
https://crcpozuelorugby.com/ |
O Canoe Rugby Club Pozuelo ou CRC Pozuelo é unha entidade deportiva de Pozuelo de Alarcón (Comunidade de Madrid) adicada ó rugby, que compite na División de Honra. Conta cun dos palmarés máis importantes de España con cinco títulos de liga e dez de copa entre outros trofeos. Ten a súa sede na Cidade Deportiva Valle de las Cañas, onde disputa os seus encontros. Entre 2012 e 2014 o primeiro equipo masculino foi denominado Rugby Atlético de Madrid[1] por razóns comerciais.
As cores tradicionais da entidade son o amarelo, o azul e o branco, herdadas do Real Canoe Natación Club no que naceu como sección de rugby en 1963 e do cal se independizou a comezos do século XXI.
Historia
[editar | editar a fonte]Primeiros anos
[editar | editar a fonte]As orixes do club están no Canoe Natación Club madrileño, que fundou unha sección de rugby no ano 1963, formado na meirande parte por xogadores do Club Argüelles. Daquela o Canoe tamén tiña sección de natación, wáter-polo, baloncesto e salto de trampolín. Mesmo a pesar de ser un equipo novo e con poucos medios, xa no seu primeiro ano acadou un grande éxito gañando a Copa do Xeneralísimo, actual Copa do Rei. Nos seguintes 10 anos o club sumou 4 novos títulos de copa (nos anos 66, 70, 71 e 74) e 3 títulos (nos anos 71, 72 e 73) da nova liga española, creada en 1970. Eses éxitos marcaron un troco no rugby español, que até daquela estivera dominado polos dous principais clubs cataláns, o FC Barcelona e a UE Santboiana.
Malia aquel exitoso comezo de existencia, o Canoe non acadou ningún outro gran título nos seguintes 25 anos, chegando a descender de categoría en dúas ocasións (1982 e 1992) perdéndose 9 tempadas da máxima categoría do rugby nacional. En 1981 e 1988 proclamouse subcampión de copa, como feito máis salientable daquela época na que, non obstante, chegou a contar con algúns dos mellores xogadores da historia da entidade, como Enrique Uzquiano, José Eguido, Gonzalo Amunárriz, Chus Ruiz de Mendoza ou Fran Puertas (xogador con máis encontros internacionais na historia da selección española).
Dende o profesionalismo
[editar | editar a fonte]Nos anos 90, coa chegada do profesionalismo ó rugby por medio da declaración oficial da IRB, abriuse a posibilidade de remunerar ós xogadores, e o agora chamado "Real" Canoe reaccionou asinando a un xogador soviético chamado Andrei Kovalenko que axudou ó club a volver ás primeiras posicións da División de Honra, acadando un título de liga na tempada 1999/00 (27 anos despois do anterior campionato). Ademais disputaron 5 finais de Copa do Rei, gañando 3 delas nos anos 2001, 2002 e 2003. Pero naqueles anos o Real Canoe pasou por unha crise económica que obrigou á entidade a ceder os dereitos deportivos da sección de rugby á Universidade Complutense de Madrid en 1999, provocando o troco no nome do equipo de rugby, que comezou a ser coñecido como "CRC" (orixinariamente Club de Rugby Complutense). Posteriormente a universidade afastouse da entidade, pasando o club a chamarse Club de Rugby CRC Pozuelo Madrid, e desprazando o seu fogar até o Complexo Deportivo Valle de las Cañas do concello de Pozuelo de Alarcón.
Na última década o club pasou por altibaixos. Os mellores momentos foron o 5º título de liga acadado na tempada 2008/09 e os 9º e 10º títulos de copa acadados en 2008 e 2009, baixo as ordes do adestrador francés Regis Sonnes. Non obstante houbo diversos episodios de dificultade que levaron a que o primeiro equipo descendese de categoría dúas veces por razóns económicas, nos anos 2005 e 2010. Estas dificultades económicas levaron a que o club negociase en diversas ocasións co Real Madrid CF a posibilidade de converterse nunha sección deportiva do club merengue, sen chegar a ningún acordo definitivo.
En 2009, ademais de acadar os tres títulos oficiais (liga, copa e supercopa), o club serviu de base para unha franquía da Liga Superibérica, un proxecto de liga 100% profesional en España. A franquía chamouse Gatos de Madrid, e acadou o título da única edición disputada desa competición. Ó ano seguinte foi o Olympus XV Rugby (un proxecto de equipo representativo español para disputar competicións continentais) o que tivo como base a estrutura do CRC Madrid, cun éxito nulo. Colleitou 6 derrotas en 6 encontros.
Últimas tempadas
[editar | editar a fonte]Nas tempadas 2010/11 e 2011/12 o equipo competiu no Grupo 2 da División de Honra B, á que descendeu pola falla de patrocinios. O primeiro ano rematou a tempada en 1ª posición, co cal clasificouse para xogar unha eliminatoria de ascenso fronte ó 2º clasificado do Grupo 1, o Vigo Rugby Club. No encontro de ida o equipo galego venceu por 11 a 6 en Vigo, e no encontro de volta o equipo madrileño non acadou o seu obxectivo de vencer, pois rematou con táboas a 6 puntos, co cal o ascenso foi para Vigo Rugby Club. Aquel foi un fito para o rugby de Galicia, que por vez primeira na historia metía un equipo na máxima categoría do rugby nacional. A tempada 2011-12 foi exitosa para o club, rematando primeiro no seu grupo da División de Honra B, e acadando o ascenso á máxima categoría do rugby español. Antes do comezo da tempada 2012/13 fíxose público o acordo entre o CRC Madrid e o Club Atlético de Madrid por medio de Grupo Santa Mónica Sports para que o equipo de rugby acabado de ascender adoptase o escudo, as cores e o nome "Rugby Atlético de Madrid", a cambio do dereito de explotación comercial durante 3 anos da marca "Rugby Atlético".[2]
Dirixentes
[editar | editar a fonte]
Presidentes do CRC Pozuelo
|
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Posicións do club en competicións nacionais dende os anos 60, coas denominacións de Real Canoe NC e CRC Pozuelo
Categoría | 2013 | 12 | 11 | 10 | 09 | 08 | 07 | 06 | 05 | 04 | 03 | 02 | 01 | 00 | 99 | 98 | 97 | 96 | 95 | 94 | 93 | 92 | 91 | 90 | 89 | 88 | 87 | 86 | 85 | 84 | 83 | 82 | 81 | 80 | 79 | 78 | 77 | 76 | 75 | 74 | 73 | 72 | 71 | 70 | 69 | 68 | 67 | 66 | 65 | 64 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Div.Honra | 6 | 5 | 1 | 3 | 2 | 5 | 2 | 4 | 3 | 6 | 1 | 4 | 3 | 6 | 5 | 12 | 10 | 9 | 4 | 8 | x | x | x | x | 7 | 4 | 4 | 3 | 1 | 1 | 1 | 3 | ||||||||||||||||||
Div.HonraB | 1 | 1 | 1 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1ªNacional | 1 | 7 | 7 | 1 | 3 | 5 | 4 | 2 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Copa | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 | 2 | 2 | 2 | 2 | 1 | 1 | 1 | 1 | 1 |
A División de Honra non se disputou entre 1954 e 1970. A División de Honra B existe dende a tempada 1998-99. Anteriormente a Primeira Nacional era a 2ª División do rugby español. A Primeira División Nacional existe dende a tempada 1972-73. Naceu como o 2º nivel do rugby español, e dende a tempada 1998-99 é o 3º.
- Tempadas completadas na División de Honra
- Con 51 tempadas: UE Santboiana
- Con 37 tempadas: CR Cisneros
- Con 36 tempadas: CR El Salvador e CRC Pozuelo
- Con 34 tempadas: Getxo RT
- Con 32 tempadas: VRAC
- Con 29 tempadas: CD Arquitectura e CR Ciencias
- Con 23 tempadas: FC Barcelona
- Con 22 tempadas: RC Valencia
- Outros.
Categoría sénior
[editar | editar a fonte]De seguido figura o palmarés oficial do primeiro equipo sénior do club en competicións oficiais ó longo da súa historia, baixo as varias denominacións coas que ten competido:
- Liga Española de rugby: 5 títulos.
- 1ª posición: 1970/71, 1971/72, 1972/73, 1999/00, 2008/09
- 2ª posición: 2003/04, 2006/07
- 3ª posición: 1969/70, 1973/74, 1997/98, 2001/02, 2007/08
- Copa do Rei de rugby: 10 títulos.
- 1ª posición: 1963/64, 1965/66, 1969/70, 1970/71, 1973/74, 2000/01, 2001/02, 2002/03, 2007/08, 2008/09
- 2ª posición: 1980/81, 1987/88, 1997/98, 1998/99
- Copa Ibérica de rugby: 3 títulos.
- 1ª posición: 1965/66, 1967/68, 2000/01
- 2ª posición: 1971/72
- Supercopa de España de rugby: 3 títulos.
- 1ª posición: 2001/02, 2008/09, 2009/10
- 2ª posición: 2003/04
Xogadores
[editar | editar a fonte]A seguinte táboa amosa o cadro dos xogadores que forman parte do primeiro equipo do Rugby Atlético de Madrid na tempada 2012-13.[3]
Rugby Atlético de Madrid | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores do primeiro equipo | Corpo técnico | ||||||||
|
|
Director Técnico
Adestrador
Asistentes
|
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Rugby Atlético ya es un hecho, artigo de Marca. (en castelán)
- ↑ El Atlético de Madrid tendrá su propio equipo de rugby, artigo publicado en Marca. (en castelán)
- ↑ Cadro de xogadores do Rugby Atlético de Madrid Arquivado 23 de outubro de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Club Atlético de Madrid (rugby)