CCTV-4
Aparencia
CCTV-4 é a canle internacional en mandarín da CCTV, que comezou a emitir en 1992, ofrece unha selección de programas de difentes canles da CCTV. Unha das súas prioridades era transmitir a visión da República Popular a aqueles territorios que reclamaba, Hong Kong e Macau, e que desde 1997 están baixo a súa soberanía e tamén a Taiwán. Tamén informa sobre as colonias chinesas esparexidas nos cinco continentes.