Saltar ao contido

C/2020 F3 (NEOWISE)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista dende o Parc Montsouris (Paris), o 18 de xuño de 2020.
Vista dende o Parc Montsouris (París), o 18 de xuño de 2020.

C/2020 F3 (NEOWISE) ou Comet NEOWISE é un cometa de período longo cunha órbita parabólica próxima, descuberta o 27 de marzo de 2020, por astrónomos durante a misión NEOWISE polo telescopio espacial do explorador de vixilancia en infravermello de campo largo (WISE polas súas siglas en inglés). Na súa descuberta era un obxecto de magnitude 18, a 2 UA (300 millóns de km do Sol e 1,7 UA (250 millóns de km) da Terra.[1]

En xullo de 2020, pode ser vistro a ollo nu no campo, necesitándose prismáticos nas zonas urbanas. É un dos cometas máis brillantes no hemisferio norte desde o Cometa Hale–Bopp en 1997. Pasou polo seu perihelio o 3 de xullo.[2] O 23 de xullo o cometa ten a súa máxima aproximación á Terra. O 23 de xullo 18, tiña magnitude 3.

Para os observadores do hemisferio norte, o cometa aparece moi baixo sobre o horizonte nordeste, baixo Capella, pola mañá. Á noite, o cometa pode verse baixo o ceo noroeste. O cometa pode verse pola mañá e á noite porque está ao norte circumpolar do paralelo norte 45 °. O 17 de xullo, o cometa NEOWISE entrou na constelación de Ursa Majoris, por debaixo do asterismo do Setestrelo.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]
  1. "MPEC 2020-G05 : COMET C/2020 F3 (NEOWISE)". minorplanetcenter.net. Consultado o 2020-07-23. 
  2. "El cometa NEOWISE desde Canarias". Instituto de Astrofísica de Canarias • IAC (en castelán). Consultado o 2020-07-23.